sábado, 29 de outubro de 2011

Mini clubes 2011-2012


Xa está todo listo para que nas próximas semanas comecen a funcionar os "clubes dentro do club". Grazas a colaboración dun grupo cada vez máis numeroso de profesoras, esta actividade permitirá que se podan facer lecturas simultáneas en diferentes niveis, adoptándonos ás diferentes idades e intereses.
.
Na primeira parte deste curso, as lecturas serán as seguintes:


Sonia volverá a coordinar o grupo de lectura de 1º de ESO. Recordades que o ano pasado estaba formado só por chicos? Pois parece que este curso van ser ... todas rapazas! Que cousas! Leerán un libro que parece moi, moi interesante: O pequeno señor Paul, de Martin Baltscheit e ilustrado por Ulf K. Conta unha serie de aventuras cheas de fantasía vividas por un lector empedernido. E é que os libros, ben o sabemos, poden darlle unha dimensión sorprendente as nosas vidas!




Mentras tanto, os antigos "rapaces de Sonia" agora están en 2º da ESO. Eles, e algún máis, leran, coordinados por Amalia, un relato de An Alfaya, O caderno azul.  Nesta emotiva novela, a protagonista, Anxélica, vainos contar os seus sentimentos ao longo dun ano, que anota nun caderno regalado polo seu avó.
 Querido caderno azul, vou bordar nas túas follas ensoños e lembranzas, páxinas de alegría mesturadas de inquedanzas, camiños descoñecidos que conducen á esperanza...


Pola súa banda, Ana González, profesora de galego, compartirá cun grupo de alumnos de 3º e 4º a lectura de El palacio de la medianoche, de Carlos Ruiz Zafón. 
 Nunca podré olvidar la noche en que nevó sobre Calcuta.El calendario del orfanato St. Patrick’s desgranaba los últimos díasde mayo de 1932 y dejaba atrás uno de los meses más calurosos que recordaba la historia de la ciudad de los palacios.

Outros alumnos de 3º de ESO leremos O diario vermello de Flanagan y O diario vermello de Carlota. Uns libros que responden a preguntas moi "íntimas" que algúns xa empezan a facerse... 
Estamos indagando a maneira de compartir a lectura a través da web, pero non acabamos de poñernos de acordo coa fórmula: foro? blog? tuenti? En fin, xa vos iremos contando...



Finalmente, os alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bac volverán a participar nas tertulias do Liceo, onde poderán comentar con alumnos doutro centro a obra Futuro imperfecto, de Xulia Alonso, na que a autora relata a súa tráxica historia real. Unha historia de amor moi emotiva na que o final non é feliz. Non, non estou desvelando nada, o final xa nolo dá ela nada máis empezar. E é que iso non é o importante, as historias de amor non se miden pola duración: acaben como acaben, xa ninguén poderá quitarnos o que sentimos mentres duraron.


12 comentarios:

  1. me encantan estos libros me gustaria poder haceder al club de lectura pero ahora mismo no puedo esos libros los quiero porque hablan de todo un poco y me parecen libros para aprender un besiito tania rodriguez

    ResponderEliminar
  2. ¿Cómo que no puedes? ¿por qué? Nuestro club no es un grupo cerrado, hay alumnos que solo participan en una actividad y no están obligados a estar en todas las demás o a quedarse para siempre. ¡Nos encantaría contar contigo para el grupo que más te apetezca! Incluso si no puedes, o no quieres, asistir a las reuniones, para eso tenemos Internet. Podemos organizar actividades aquí, en el blog, y ahora también en el formato wiki: http://4esquinasdoquinto.wikispaces.com/

    ResponderEliminar
  3. Estou lendo "O caderno azul".
    O libro pareceme aburrido porque non ten ningunha emocion.
    Os alumnos de Allariz elexiron este libro¿por que?

    ResponderEliminar
  4. El libro del cuaderno azul es un muermo porque es aburrido, no se cómo a los alumnos de Allariz les gusta el libro.

    ResponderEliminar
  5. Mmm. Estes comentarios que facedes son moi interesantes. A min xa me ten pasado que un libro que funciona nun centro ou nun curso deixa de gustar noutro, e ao revés. A verdade é que dá que pensar.
    Tal vez o entorno no que vivimos, a xente coa que nos relacionamos ou as lecturas que levamos feitas na escola (que soen coincidir para un mesmo grupo), inflúan máis do que parece nos nosos gustos. Tamén pode influir o que haxa máis rapazas ou máis rapaces, os comentarios que fan os compañeiros, o momento no que se le... A min xa me ten pasado de ler un libro dúas veces e ter opinións diferentes, ou cambiar a miña opinión ao comparala co que din outros, ou coas expectativas que tiña antes.
    A verdade é que a maneira en que cada un, e cada grupo, percibe un libro é todo un misterio. Pero iso tamén forma parte da maxia da literatura, non?
    A ver se atopamos un máis divertido para a seguinte.

    ResponderEliminar
  6. haber se elixides outro que sea de medo,de risa, de misterio ou de aventuras.
    Elixide un bo

    ResponderEliminar
  7. paloma q interesant (: jaja lo intentaremos leer

    ResponderEliminar
  8. para el proximo trimestre lo escogemos nosotros el libro y se lo damos a ellos a ver q piensan..... -.- jaja

    ResponderEliminar
  9. en castelán podiamos leer cronicas de la torre

    ResponderEliminar
  10. Sería interesante que na última sesión sobre O caderno azul falásedes tamén sobre as vosas preferencias e intereses, para poder elexir con algún criterio (se o facedes avisádeme, así vou e tomo nota. Ainda que tomando nota Amalia é unha fiera, no club de profes non se lle escapa unha).
    Crónicas de la torre é unha proposta interesante, por que non creas unha páxina na wiki para acabar de convencernos? http://4esquinasdoquinto.wikispaces.com/
    Iso si, haberá que esperar a ver se nos dan diñeiro, que de momento ainda non sabemos nada.
    Iago, ese blog sobre as relixións e as culturas é moi interesante, noraboa!

    ResponderEliminar
  11. http://thedepartmentofyouth.blogspot.com/2010/07/la-cupula-stephen-king.html
    Almudena no se creia que yo leyera este libro de mas de 1000 paginas.Mirad esta pagina a ver si las tiene o no

    ResponderEliminar
  12. El libro El CUADERNO AZUL es aburrido , porque no nos gusta que sea de alguien que cuenta su vida

    ResponderEliminar