Levounos moitos, anos non, SÉCULOS, chegar á situación actual na que, a
pesar da desigualdade que persiste en moitas situacións, polo menos parécenos
natural atopar unha muller en case calquera posto de traballo.
.
Pablo Picasso: Mujer escribiendo |
A situación das mulleres escritoras foi, e vai, parella á da incorporación
da muller ao traballo remunerado (porque o traballo gratuito, todos o sabemos,
levámolo facendo dende o principio dos tempos). A calquera persoa de cultura
media custaralle recordar nomes de escritoras anteriores ao século XIX, porque
a elas tamén lles resultaba difícil publicar as súas obras ou recibir unha
consideración similar á dos homes. Hoxe en día as mulleres xa non teñen as
mesmas dificultades, tampouco na literatura, segue habendo algún que
outro prexuizo cara a "literatura femenina" que debemos intentar erradicar.
.
.
.
Nun día como hoxe, propóñovos adicar uns minutos a recordar a esas mulleres
que, ao longo da historia, fixeron a súa aportación á historia da literatura e
á integración da muller neste campo que durante moitos anos, como tantos outros
sectores, foi un territorio maioritariamente masculino. A ver se sodes quen de
poñerlle nome ás caras que aparecen no vídeo que abre esta entrada e na imaxe
que segue. Podedes axudarvos desta lista de mulleres na
literatura universal e estoutra de escritoras
da tradición hispánica.
.
Eu non son quen de poñerlle nome a todas as caras. Hei de pedir axuda a ver se o dou feito.
ResponderEliminarMoi interesnte o traballo.
Xa, eu tampouco. Xustamente, como son un pouco vaga, esperaba que me axudárades vos a identificalas ;)
ResponderEliminar