domingo, 15 de abril de 2012

En el chino


Outra vez en venres trece, algúns membros do club de profes reunímonos para comentar as lecturas propostas. A pesar da nosa coñecida inclinación pola comida italiana, esta vez unha das lecturas chamou a nosa atención cara outra cultura. Adiviñades cal? Seguro que si!
.
Pero, se a obra de Mankel foi decisiva para a elección do restaurante, a de Francisco Castro protagonizou os debates máis acalorados. Os que non fixeramos todos os deberes xa non sabemos se lela para averiguar quen a matou, por que, e mesmo se estaba tan morta como parecía. 
.
Ainda que a gran incógnita da noite non é esa, non señor. A gran cuestión é que terán que ver estes dous cabaleiros.  As que fomos á cea coñecemos o segredo, pero non vai ser esta que escribe quen desvele o misterio. Viñérades.
 .


En fin, ao que íbamos.  As novelas policíacas, ou similares, soen ser realistas e enfatizan moito os temas sociais, e como algunhas xa levamos tres, pensamos que estaría ben cambiar de tercio.  Decidímonos, para a próxima reunión, por dúas obras cun pouquiño máis de fantasía. Pero vou deixar que volas presenten outros, que eu xa falei bastante (mirade ben os vídeos, non vaia ser que vos confundades de autor, eh!)



Ningún comentario:

Publicar un comentario