xoves, 19 de maio de 2011

Lois Pereiro no Quinto

IMPRESIONANTE o esforzo deste grupo de alumnos para achegarnos á figura de Lois Pereiro, preparando esta montaxe nun tempo récord, renunciando a recreos, memorizando a toda velocidade, ensaiando en calquera ratiño, "destripando" os textos para atopar o sentimento axeitado para lelos... E impresionante, por suposto, o resultado.

Finalmente, todo pagou a pena pola calurosa acollida do venres pasado no salón de actos. Pero os espectáculos en vivo son así: moito tempo para preparalos e moi pouco para disfrutalos. En fin, a tecnoloxía ven na nosa axuda permitindo que poidamos inmortalizar ese momento, e aquí tedes a filmación da nosa homenaxe ao poeta monfortino.


Agardamos que disfrutárades da sesión e que a nosa montaxe vos servira para coñecer un pouco mellor ao homenaxeado. E, por suposto, agardamos con impaciencia que nolo contedes nos vosos COMENTARIOS: que foi o que máis vos gustou? Aprendestes algo sobre o poeta? Cal foi o voso poema favorito?


6 comentarios:

  1. Vale juanma estas echo un crack,que video mas chulo!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Esta moi ben o video. Da mais vergoña ver o video que estar diante de todo o INSTITUTO jajajaja

    ResponderEliminar
  3. Repito o que xa dixen noutra entrada: quedei tola coa cantidade de xente que había no salón de actos, coa atención prestada, o silencio... e máis que nada coa actuación... IMPRESIONANTE.
    Foi deses días que marchei para casa pensando que merece moitísimo a pena ser profe.
    MOITAS GRAZAS, RAPACES.

    ResponderEliminar
  4. Vedes como sodes capaces de facer o que vos propoñades? Noraboa a todos e todas.

    ResponderEliminar