.
Videopoemas, repetimos?
Como cada ano dende 1963, nestas datas chega o momento de celebrar que, a pesar das moitas tribulacións que tivo que pasar a nosa lingua, en galego tamén temos unha literatura de primeira orde. Farémolo, xa o sabedes, no mesmo día en que Rosalía de Castro recuperou a voz dos galegos para a literatura “culta” (xa sabemos que popular existe sempre en todas as linguas), cando, un 17 de maio de 1863, publicou Cantares gallegos.
Ese mesmo día, pero xa no 2011, recordaremos ao poeta galego LOIS PEREIRO, un xoven monfortino que tivo a desgracia de morrer moi novo, pero que na súa corta vida escribiu uns poemas cheos de sentimento e emoción. A ocasión permite, ademáis, que nos acheguemos a unha etapa da literatura que non aparece moi frecuentemente nas clases, ou nos libros de texto, pero que, pola súa cercanía e tamén pola xuventude do autor, probablemente vos poida resultar máis próxima e interesante a moitos de vós (e de nós).E como agardamos que así sexa, esta vez non vos imos contar nada máis. Gustaríanos que fosedes vós, dende os vosos COMENTARIOS, os que nos mostredes todo o que sabedes, ou estades a aprender, do autor: as curiosidades da súa vida ou da súa personalidade, o poema que máis vos emocionou (tedes moitos polas paredes do centro, xa os lestes?), en fin, calquera aspecto que esperte o voso interés e creades que nos pode interesar aos demais. No tedes que buscar moito, se non vos apetece: na páxina da coordinadora dos ENDL aparecen moitas das iniciativas coas que se está a homenaxear a Lois Pereiro: textos, enlaces, vídeos, arquivos sonoros, e, por suposto, todo tipo de actividades interactivas coas que aprender e poñerte a proba.
Videopoemas, repetimos?
Por outra banda, corren rumores de que a algúns de vós, animados pola experiencia do ano pasado (que non podedes ver neste blog, porque non existía, pero si na Aula Virtual), queredes elaborar videopoemas con textos de Lois Pereiro. Se non lembrades ben como se facía, ou queredes perfeccionar a vosa técnica, recordade que nesa mesma páxina tedes consellos e tutoriais.
A única recomendación que vos facemos as profes é que non vos lancedes sobre os ordenadores a buscar imaxes. O primeiro que hai que facer é reflexionar moito sobre o contido “emotivo” dos poemas, sobre eses sentimentos agochados detrás das palabras concretas. As imaxes non teñen que reflectir o que o poema di literalmente (de feito, buscando os sustantivos concretos que aparecen no poema moitas veces non o fan), senón as sensacións que elas provocan no lector.Fixádevos, por exemplo, neste vídeo:
A única recomendación que vos facemos as profes é que non vos lancedes sobre os ordenadores a buscar imaxes. O primeiro que hai que facer é reflexionar moito sobre o contido “emotivo” dos poemas, sobre eses sentimentos agochados detrás das palabras concretas. As imaxes non teñen que reflectir o que o poema di literalmente (de feito, buscando os sustantivos concretos que aparecen no poema moitas veces non o fan), senón as sensacións que elas provocan no lector.Fixádevos, por exemplo, neste vídeo:
É moi sinxelo (igual que o poema) e o autor non buscou imaxes de morte, batallas, cerebro, amor, porta, pé... (palabras todas ellas que aparecen no texto), pero o vídeo consigue transmitir a mesma sensación de desolación e soidade que está no fondo do poema.
Mentras tanto, os membros do club, como non podía ser menos, estamos a colaborar novamente co ENDL do centro na organización da celebración dalgún ACTO para o Día das Letras Galegas. Pero diso inda vos imos contar menos.
Vémonos no salón de actos, moi pronto!
De verdade que non mo podía crer: o salón de actos cheo de alumn@s e profes, xa sin cadeiras onde sentar. Impresionante.
ResponderEliminarOs nosos pobres rapaces de 1º e 2º casi morren dun ataque. Pero hai que recoñecer que SON UNHAS MÁQUINAS. O que lograron preparar en menos de duas semanas entre recreos soltos e luns do club... Quedoulles unha magnífica dramatización da vida e obra de Lois Pereiro.
¡NORABOA!
Cousas así fan que mereza a pena a nosa profesión!! Noraboa a todos/as!!!
ResponderEliminarEu son unha das alumnas que participou na obra lendo dous poemas, "Presentimento" e "Poderían escollelo como Epitafio".Creo, que o fixemos ben aínda que estabamos moi nerviosos (polo menos eu). Moitas grazas aos que nos viñeron a ver e por estar caladiños e escoitarnos.
ResponderEliminar