luns, 13 de xuño de 2011

Cita de verán: recordatorio para profes e persoal non docente




O GAÑADOR
Ou entendín mal ou escoitei mal o nome da última lectura que decidimos para a volta: copiei “El jinete ruso”   pero polo que contou Amalia coincide con El frente ruso, de Jean-Claude Lalumière, e ten moi boa pinta. Parece que é de humor pero á vez é unha crítica contra o sistema. Quen queira saber máis só ten que ver algunha crítica na rede ou entrevistas coma esta da TV2. Quen se animaba con el en francés?


RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Esta vez as recomendacións foron poucas e un pouco apuradas (claro, como que nos largaron do local, e que tedes un rollo!). Así que recollo aquí algunhas das recomendacións porque VOS LEMBRO que quedamos en ler o de Lalumiere e escoller outro libremente entre os recomendados:

- A pobre Chus quedou chascada porque non saíra adiante El juego del Ángel  de Carlos Ruiz Zafón.

- De novo saíu  El pájaro que da cuerda al mundo  de Murakami que recomendara Montse a anterior cea e que deixou con ganas a Paloma. Aínda que unha servidora prefería 1Q84.
 
- Tamén o intentei con Indignádevos de Hessel  e Reacciona de Jose Luis Sampedro e outros, pero non tiveron éxito.

- Creo que foi Amalia quen falou de El Chinoque vos recomendo moitisimo. Se antes me gustaba, moito máis despois de escoitar a Mankel en Santiago na entrega de premios que asistimos… (pero iso é outra historia)

- Sara (un dos topos doutro centro “Lagoa de Antela”) recomendou Persépolis. Sería unha boísima maneira de entrar na novela gráfica. Preguntarei a María de Allariz se podemos conseguir algúns volumes.

- Creo que Begoña recomendou... Vaia, non nos acordamos! Menos mal que temos os comentarios para que ela mesma nolo recorde! 

- E non sei quen inclinouse por  El Cementerio de Praga, a última de Eco. 



Había máis pero é dos que me lembro, estaría moi ben que vós  mesmos os engradírades nos comentarios, aínda que non saíra na cea ou aínda que faltárades (estamos escasos de lecturas en galego para este verán ; ) ) 
Coa anterior entrada, os maiores do club, persoal docente e non docente, se convertiron, en só un ou dous días,  nos participantes máis activos do blog (que non decaiga!)

13 comentarios:

  1. Estou encantaaaaada con esta selección de libros!!! Resulta que o "obligatorio" se pode ler en francés e ainda por riba na reseña compáranno con Kafka e, sobre todo, co meu admiradísimo John Kennedy Toole!! Isto vai ser unha gozada. Quero ler este, Indignádevos (a ver se tamén pode ser en francés. Amalia, vas marchar cunha chea de encargos...), y El pájaro que da cuerda al mundo. Xa lin El juego del ángel (perfecto para a praia ou para os traxectos en avión, bus ou tren) e Persépolis. Aínda que eu, como novela gráfica, penso que Watchmen é insuperable (non a recomendo porque sei que iso dos "superheroes" e similares soa un pouco friki, pero a min encántanme, que lle vou facer).
    Tiña unha recomendación en galego que non me deu tempo a facer: é Xiro Postal (Ousmane Sembene), unha novela senegalesa que traduciu a miña amiga Isabel García para Rinoceronte. Pero non é só por amizade, eh!, falan moi ben dela na rúa e en Internet. E de paso coñecemos a realidade doutros continentes, que non está nada mal.
    E para os que non queren perder de todo o contacto coa temática educativa, parece que La cena (Herman Koch, en Salamandra) é unha novela que pode dar para moita conversa: dúas parellas, pais de sendos adolescentes acusados dun delito, reúnense para debater o futuro dos seus fillos.
    SANTO CEO, PERO QUE CURTO É O VERÁN!!!

    ResponderEliminar
  2. Ahora me explico mejor que no fuera de encontrar nada de un tal Jean Claude que se titulara "El jinete ruso"... :)

    En fin, yo ya empecé con "El cementerio de Praga", a ver que tal.

    Bueno un saludo a tod@s.


    PD: Yo en francés va a ser que no...

    ResponderEliminar
  3. Ah, pero... ¿ya habías empezado a buscar? ¡Bueno, ya tenemos tres "cluberos" aplicados, menos mal!
    Ve contándonos como te va con "El cementerio de Praga". Yo a Eco es que le tengo algo de miedo desde "El péndulo de Foucault" (créeme, es más fácil leer en francés), pero nunca se sabe.

    ResponderEliminar
  4. Por ahora no me acaba de enganchar... :(

    ResponderEliminar
  5. Sospeito que non me escoitades cando falo!!! E iso que son clubera fervente, que fai sempre os deberes :( buaaaaa!!!

    Recomendei "Asasinato no Consello Nacional" de Diego Ameixeiras. E tamén soan "O imposible de desatar" de Iván García Campos e "1980 (Ano cero)" de Rubén Martínez Alonso. Pero non os lin, así que... aventura, que para iso é o verán!!

    ResponderEliminar
  6. Hoxe na reunión para as tertulias do ano que vén tamén falamos de libros para nós, e tomei notas destes:
    - Purga, da finlandesa Sofi Oksanen, sei que é "o libro que hai que ler", dúas xa o leron e encantoulles, e algunha máis acababa de empezalo. Vese que está de moda. http://www.salamandra.info/fitxa.php?titol=697
    - Están traducidos ao galego, e tamén ao castelán, Sunset Park , de Paul Auster http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/12/27/0003_8931263.htm, e Tardes con Margueritte, de Marie Sabine Roger. http://innovarteinfantilesp.wordpress.com/2011/04/14/leer-te-hace-crecer-a-cualquier-edad/
    - Tamén falaron moi ben de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso, ainda que este é máis que probable que o escollamos para ler cos rapaces, así que eu esperarei (se aguanto, porque ten moi moi boa pinta: http://trastosdecris.blogspot.com/2011/03/futuro-imperfecto-xulia-alonso-diaz.html)
    - Para os rapaces en castelán, buscamos algo de Lorenzo Silva, por aquelo de se podería vir o autor (ainda nunca tivemos visita do autor en castelán). Parece que El blog del inquisidor podería estar ben, pero aceptamos recomendacións...
    Eu si te escoito, rula, pero o día da cea non estiven moi atenta. Como estabas na outra punta!!

    ResponderEliminar
  7. Mentres espero a que chegue "O frente ruso", o que tiña a man de Auster era "Brooklyn follies". Empeceino onte no bus, moi boa pinta. O verán pasado lin del "Invisible" e gustoume moito como é capaz de "retorcer" a ficción e a realidade, a literatura dentro da literatura. Deixoume ao final coa boca aberta. Para min un verdadeiro artista da técnica narrativa e á vez moi fácil de ler. Non ten nada que ver con "Mr. Vértigo" que tamén lin o verán pasado. Tamén encantoume pero ese deixa un pouso de ... desesperanza? non sei. Auster sempre deixa. Eses libros que sempre voltan á cabeza.

    ResponderEliminar
  8. A ver, meus, xa estades na praia? pois algunhas seguimos currando :((
    Se alguén quere "O frente ruso" teño un. Mañá ou o luns se queredes pasade polo centro.

    ResponderEliminar
  9. Non lin, Mis tardes con Marguerite, pero vin a peli , con Depardieu como protagonista e gustoume moito, supoño que o libro estará mellor.

    ResponderEliminar
  10. Yo leí el libro y después vi la película Marisol, y la verdad es que me gusto más el libro, aunque es bastante sencillito.

    ResponderEliminar
  11. Ok,José Manuel , intentaré leer el libro,pero la peli está bien ,bueno , a lo mejor a mi me gusta más porque es francesa

    ResponderEliminar
  12. Para cando a cea sobre "El frente ruso"?

    ResponderEliminar
  13. A cea sobre "Le front russe" vaise achegando. Ide apurando a lectura, que algún seica vai algo atrasad@

    ResponderEliminar