xoves, 19 de xaneiro de 2012

Un venres 13 nada desafortunado



Home, xa sei que para moitos alumnos unha mesa chea de profes e similares pode soar un pouco terrorífica ; ), pero nós, que non somos nada supersticiosos, escollemos esa data para celebrar a segunda cea do curso e conxurar todo tipo de malos augurios. Aínda que, ben pensado, pode que tamén sufriramos algunha que outra pequena “maldición”: a ausencia (só física, por suposto) da nosa Lectora Maior, por exemplo. Ou o desgraciado incidente da cámara de fotos, que nos impide ilustrar debidamente esta entrada. Pois vai ser que a sorte si existe.
.
De sorte, fortunas, infortunios e casualidades, precisamente, gústalle moito escribir a un dos autores elixidos, Paul Auster. Tal vez iso, combinado con esa persoal forma de escribir súa, sexa un dos factores que fai que os seus libros nunca decepcionen, aínda que a frecuencia coa que publica podería facer esperar unha maior irregularidade. Sunset Park tampouco o fixo, e, aínda que en diferentes grados (como non podía ser menos), recibiu dende simples aprobacións ata defensas entusiastas.
O mesmo se pode dicir da outra obra proposta, 84 Charing Cross Road, de Helene Hanff. A  algúns gustoulles moito, a outros bastante e mesmo houbo algunha que “nin fu nin fa”, pero todos conseguiron atopar algo interesante que comentar.
.
Iso si, tamén hai que recoñecer que moitos de nós chegamos á cea cun só libro lido. Tamén os profes, ás veces, se conforman cun simple aprobado. Pero non llo contedes a ninguén!
.
A próxima cita será a mediodía porque pensamos trasladarnos a Ponteareas, esa terra onde ninguén quere ser morcego. Leremos, esta vez, outras dúas novelas: a primeira é In vino veritas, de Francisco Castro, unha divertida parodia das novelas policiais, novela “furiosa”, novela de amor, crítica dos medios de comunicación, en palabras do seu propio autor, que podes escoitar neste vídeo
.
E estoutro vídeo é o que terás que ver se queres saber algo da segunda das novelas elixidas. Xa que vai de suspense…
.


Que? Estades impacientes por empezar a ler? Xa empezastes? Non sei, pero algo me di que estas dúas obras van dar moito que falar. 
A por elas!

4 comentarios:

  1. Que súper vídeo más guay! Si no te entran ganas de leer “El chino” es que tienes horchata en las venas. Yo no he empezado aún, que conste, pero sí terminé ya con “In vino veritas” que me hizo reir mucho. No es que sea una obra maestra de la literatura universal, pero pasas un buen rato, engancha y hasta aprendes alguna que otra cosa sobre el vino. Dentro encontraréis intriga, telepasión, asesinatos, amor no correspondido, sadomasoquismo, vino, telecorazón-corazón y, sobre todo, un narrador más que omnisciente y subjetivo, que es el alma mater del relato. ¿Quién se anima?
    Sobre las lecturas de la cena pasada, hubo algo diferente a otras veces, sí, pero no vamos a echarle la culpa a la superstición. "84 Charing Cross Road" despertó emociones y sensaciones olvidadas e incluso nuevas para algunos de nosotros. ¡Si hasta hubo quien se animó a tomar papel y boli y escribir una carta de verdad a un antiguo amigo-novio allende los mares! ¿Queréis saber más? En la próxima cita se desvelará el secreto.
    A leer!

    ResponderEliminar
  2. ¡Huy, huy, huy! Este cotilleo va a dar más que hablar que los libros en la próxima... Los de la otra punta de la mesa no nos enteramos, pero, veamos: voy a descartar 1. a los chicos, 2.a las casadas y 3. a las que utilizamos el facebook... ¡Eh, queda muy poca gente!

    ResponderEliminar
  3. http://www.cokelaqueseavecina.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  4. Como dixo Begoña, coa euforia do viño todo o mundo se apunta, pero á hora da verdade... Ven esto a conto porque a cita para comer con Carme en Ponteareas e devolverlle as moitas visitas que ela nos fai non prosperou por falta de quorum. En teoría, creo que a cea do clube para falar destes libros (chino e viño) vai quedar para o venres 16. Por favor, que alguén ratifique ou rectifique a data, e que se vaian anotando: esta vez non valen disculpas...
    O lugar aínda está por decidir, penso...
    Vémonos o venres? VEÑA

    ResponderEliminar