Poucas veces temos a ocasión de
entrevistar ao protagonista do libro que lemos. Ese foi o privilexio que
disfrutamos os participantes nas tertulias do Liceo o pasado día 26, despois de
ter lido, e comentado, o libro Futuro
Imperfecto, de Xulia Alonso.
Nesta emotiva “novela”, concebida inicialmente para a súa filla Lucía, a autora narra unha experiencia real, a historia de amor que viviu co seu marido, marcada primeiro pola adicción ás drogas e logo pola durísima experiencia da SIDA, que Nico, o outro protagonista, non conseguiu superar.
Nesta emotiva “novela”, concebida inicialmente para a súa filla Lucía, a autora narra unha experiencia real, a historia de amor que viviu co seu marido, marcada primeiro pola adicción ás drogas e logo pola durísima experiencia da SIDA, que Nico, o outro protagonista, non conseguiu superar.
.
O pasado xoves, da man da
autora-protagonista, conseguimos entender mellor ese proceso, que nos
impresionara xa durante a lectura da obra, pero aínda máis ao poder coñecer
persoalmente a esta muller. Menuda pero tremendamente aplomada, Xulia respondeu
con precisión e honestidade, sen evadir ningún tema, ás preguntas dos alumnos,
e aclarou moitos dos aspectos que nos intrigaron nas tertulias previas. Os
alumnos e alumnas, pola súa banda, plantexaron cuestións intelixentes que
deixaron ben claro ata que punto conseguiran, máis alá do que lles poidera
gustar o libro, implicarse na lectura, analizar e valorar acertadamente tanto a
novela como as experiencias vitais que agocha.
.
De feito, as profesoras xa
quedaramos moi satisfeitas do desenvolvemento da tertulia, que tivo lugar o
martes 24. Os alumnos e profesoras do Ferro Couselo compartimos a nosa
experiencia lectora cos das Lagoas e os do Otero Pedraio. Partindo do libro,
falamos de drogas, adiccións, relacións familiares, toma de decisións e, como
non, de literatura. Houbo acordos, desacordos, visións similares e diferentes,
comprensión e dúbidas sobre moitos aspectos da novela. Algunhas das nosas
observacións foron confirmadas pola conferencia da autora, que tamén nos axudou
a entender outros puntos que non acababamos de ver claros.
.
En resumidas contas, como soe
pasar ao compartir lecturas, pero quizais con máis intensidade dado o carácter
autobiográfico desta obra, conseguimos novamente ir ainda máis alá dela e recibir
unha lección de vida. Porque detrás da literatura estamos nós, as persoas que
damos vida aos libros compartindo a través deles as nosas vivencias, dándolles
entre todos un significado que, moitas veces, vai moito máis alá do que está
escrito.
.
Non vos perdades o vídeo (e os comentarios das profes) en O galego do quinto. Tamén podedes dar unha volta polos blogs dalgúns dos institutos que participan con nós nesta actividade: o IES Blanco Amor, o de Allariz, ou o Lagoa de Antela.
hola . aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
ResponderEliminar