venres, 24 de febreiro de 2012

Día de Rosalía

Imaxe creada por tictic

 Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Un excelente motivo para sumarnos aos numerosos actos de homenaxe que se están a celebrar en todo o territorio galego para lembrar a unha figura humana e literaria que deixou unha pegada moi fonda especialmente na cultura galega, pero tamén na castelá.


Na páxina da RAG podes ler as súas obras máis importantes en galego: Cantares gallegos e Follas Novas. En Son de poetas podes, ademáis de ler algúns poemas, escoitar as numerosas versións musicadas que se levan feito. En canto a obra en castelán, na Biblioteca Virtual do Instituto Cervantes podes acceder a En las orillas del Sar.

Como poeta do cotián e do universal, seguro que non che costa moito atopar algún poema que expresa exactamente iso que algunha vez sentiches, ou escoitaches, ou estás a sentir agora mesmo. Porque Rosalía é unha deses poetas que cantan os sentimentos que todos temos e moitas veces non sabemos poñer en palabras. Ela mesma idéntificase no comezo de Cantares gallegos cunha moza que pon voz ao sentimento das xentes, do pobo, da paisaxe...



Pero tamén en Follas novas, ese poemario supostamente máis "persoal", recoñece a universalidade dos sentimentos que canta:



Así que xa sabedes: os vosos sentimentos andan por aí, agochados entre as páxinas dos poemarios de Rosalía. Só hai que ter ganas de buscalos. Eu, creo que xa o dixen algunha vez, quédome co primeiro de Follas Novas, (libro que, por outra banda, fascinoume todo el, alá nos tempos nos que aínda era romántica):


E ti, xa sabes cal é o teu poema de Rosalía favorito? 
Anímaste a compartilo nos comentarios?

2 comentarios:

  1. Estas profes do Club de Lectura son extraordinarias, ata se encargan de facer parte do meu traballo!!!
    Moi apropiada a entrada, Paloma.
    A min, de Rosalía gústanme sobre todo os poemas do libro "As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos" de "Follas Novas". É que son moi reivindicativos!
    Tamén me gustan uns que escribiu en castelán, pertencen ao poemario "A orillas del Sar":

    "Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros,/ ni las ondas con sus rumores ni con su brillo los astros./ Lo dicen; pero no es cierto, pues siempre, cuando yo paso/ de mí murmuran y exclaman:-Ahí va la loca, soñando/ con la eterna primavera de la vida y de los campos".
    Será que me identifico con esa louca? he he

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Begoña. En realidade non foi moito traballo. Xa sabes que por aquí calquera excusa é boa para falar dos libros que nos gustan. E cando digo que me encantou Follas Novas, ainda que vos poida sorprender, digo a verdade, por unha vez. É certo que eu moi moi sentimental non son, para que vamos a enganarnos, pero creo que en Rosalía, aparte do sentimento do que sempre se fala (que o hai, naturalmente), tamén hai unha enorme maestría no manexo da linguaxe, da estructura e mesmo dalgúns aspectos do pensamento que me sorprenderon moito (a verdade é que dos románticos non adoito esperar moito, por iso é doado que me sorprendan)

    ResponderEliminar