As compañeiras que asistiron o sábado pasado á Xornada deClubs de lectura, en Santiago, faláronnos desta interesantísima iniciativa da Organización de Estados Iberoamericanos, en colaboración cos Ministerios de Educación de varios países, que nos permite coñecer a lectores da vosa idade dun montón de países. Chámase ¿Qué estás leyendo?, e ponnos en contacto cos blogs de lectura de moitos adolescentes do mundo iberoamericano. Para saber en que consiste, clica aquí
En O galego do quinto tedes enlaces a algúns dos blogs que participan nesta iniciativa, e na páxina principal do proxecto podedes accedar a moitos máis. Faredes unha apaixoante viaxe por
gran parte do mundo a través dos ollos destes lectores internacionais, que vos permitirá coñecer
os seus intereses, preferencias e opinións, e descubrir que, como reza o título
do blog arxentino de Nerina, Rocío,
Gisela y otros, “Los adolescentes también leemos… aunque usted no lo crea”.

Sarahi, dende México, creou un blog centrado no mundo da literatura xuvenil que me gustou moito pola sinxeleza do deseño, que invita á lectura, e polo concreto das súas observacións. Chámase ¿Qué puedo leer?
Pola súa banda, Julia (Uruguay) cree que “leer nos regala mucha compañía, libertad para ser de otra manera y ser más” O que me chamou a atención do seu blog foi a impresionante variedade das súas lecturas, entre as que podes atopar poesía, teatro e mesmo un chisquiño de "filo-Sofía", novelas xuvenís coma Harry Potter xunto a escritores clásicos coma García Márquez.
Liliana lamenta a falta de hábito de leer na República Dominicana, que relaciona moi sensatamente con algunhas carencias do seu país. Pero parece que hai unha
xeración disposta a cambiar esta situación, porque, sendo un país bastante pequeno,
xa teñen 10 blogs participando no concurso. Entre eles, algúns en inglés, como A Little read is never enough,obra dun fervoroso fan de Harry Potter.
Pero o mundo iberoamericano non só fala español, nin inglés. Hai sitio para Portugal, país no que ainda non se animou a participar ninguén. Si o fixeron dende Brasil, por exemplo, os alumnos de 7º (que curso será ese?) que crearon Furacao de leitura, ou José Eduardo.

Non vos apetece entrar a formar parte desta comunidade
internacional?
Eu, se tivese a vosa idade, xa estaría facendo comentarios nos blogs que máis me gustasen (os que tedes blog xa sabedes a ilusión que fai que che comenten, e se é xente doutros países nin che conto). E tampouco tardaría moito en animarme a crear o meu propio blog, non tanto para concursar (este ano xa non se pode, pero para o que vén…), como para formar parte desta fantástica comunidade chea de nacionalidades diferentes e poder facer amigos polo mundo adiante.
Ademais, se non vos sentides moi seguros porque nunca antes
o fixestes, sempre podedes buscar un grupiño de amigos para crear un blog
colectivo, como fixeron Mariana y David (Perú),
ou Milagros, Florencia, Diana, María José, Macarena, Rocío, Victoria, Luciano…
(Argentina). Como ben din Patricia,
Catalina, Constanza y Sofía (Chile), LEER NOS UNE.
As
instruccións e consellos para crear o voso blog podédelos atopar na mesma
páxina, clicando sobre a pestaña Ideas.
Xa vedes que se pode facer en varias linguas, pero… aínda non hai ningún en
galego!! Alguén se apunta a ser o primeiro?
Que iniciativa tan interesante! Estamos estes días coa campaña de lectura de verán e vou poñer na entrada que fixen para difundila unha ligazón a este traballo teu.
ResponderEliminarPaloma, xa sabía que ti ías facer algo artístico coa información. Segue así, guapa.
ResponderEliminarGrazas ás dúas: a Marina, por enlazarnos, e a Begoña polos ánimos.
ResponderEliminarEla, que me coñece ben, xa sabe que a min todo o que cheire a internacional me perde, así que esta iniciativa resultoume moi inspiradora. Blogs, lectura e países diferentes unidos no mesmo proxecto! Sen perder de vista aos verdadeiros protagonistas, que son eses adolescentes inquedos e creativos que hai en todas partes. A verdade é que dá gusto lelos, espero que se lles unan moitos máis.