martes, 10 de xullo de 2012

Club de profes


Vaia, tanta recomendación para os alumnos e nin unha mísera reseña sobre as lecturas dos profes, co voluntariosos e ben mandados que eles son! Se é que....

En fin, non vos podo contar moito sobre a nosa última cea porque xa pasou un mes e a verdade é que non recordo moito dela.
Se para falar de El chino escollemos un restaurante chino, esta vez o dilema estaba entre un americano (Firmin) ou un italiano (El barón rampante).  Non vou negar que a idea de celebrar unha cea literaria nun Burger King resulta moi atractiva no que ten de iconoclasta, pero os nosos padales e os nosos estómagos negáronse en redondo, así que volvemos á vella tradición dos acolledores restaurantes italianos.

Alí comentamos os dous libros escollidos para esta derradeira cea do curso, que parece que non despertaron demasiado entusiasmo. A ver se vos gustan máis as propostas que se fixeron para septembro:



- Os nomes do traidor, de Xurxo Sierra Veloso, unha novela que xa se propuxera varias veces e que, por algunha estraña razón, aínda non saíra elexida. A verdade é que xa ía sendo hora de ler algo dun compatriota, e esta obriña, seguro, vai dai moito que falar.
Se vos sabe a pouco, podedes consultar tamén o blog do autor, Irónico a tiempo parcial.


 - Mil soles espléndidos, de Khaled Hosseini, unha novela moi éxitosa (creo que ata van presentar pronto a película), que nos leva ata Afganistán, un país do que se fala continuamente pero que, no fondo, non coñecemos demasiado ben. Clicando no enlace accederedes a un blog creado por dúas alumnas de filosofía que vos pode dar moitas ideas para debater.



 Así que xa sabedes, entre todas esas lecturas que ides facer este verán (coñecéndovos, seguro que han ser moitas), reservade un ratiño para estas dúas que facemos en común e que comentaremos xusto á volta das vacacións.

E, sobre todo, feliz verán!!!

11 comentarios:

  1. Grazas por toda esta información, Paloma. Eu teño unha pila de libros para o verán pero estes tamén van estar incluídos. Xa falaremos ceando nun asiático (¿haberá desto en Ourense?)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non sei, non sei, igual temos que conformarnos cunhas tapiñas galegas: pulpo, orella, pementos de Padrón, carne ao caldeiro, queixo do país, un pinchiño de empanada... Ben pensado, non é mala idea!!!

      Eliminar
  2. O libro do afgano haino en edición de peto, baratiño. Eu xa o encarguei. Do de Xurxo Sierra Veloso temos varios exemplares no departamento de galego. Eu xa o lin cos alumnos de 1º bac. É un libro que lles gusta.
    Bo verán!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Caray, que bó gusto os alumnos de 1º Bac! Eu aínda estou coa recuperación de setembro: quédame un capítulo para rematar Firmin, que me está a gustar bastante máis ca vós.
      O do can a medianoite decepcionoume na segunda metade, pero ainda así creo que para as tertulias está moi ben

      Eliminar
  3. Pois eu estou atascada coa outra proposta para os rapaces (2044 de Eduardo Santiago) e non me está a gustar nada de nada... (xa, xa que a eles si)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vaya que lo siento, a mí si me gustó y te aseguro que a ellos también les va a encantar. Por si te quieres resarcir del fiasco lector, te recomiendo cualquier cosa de Eric-Emmanuel Schmitt, el de "El Señor Ibrahim y las flores del Corán". Leí ahora en Francia su última obra (Concierto a la memoria de un ángel) y me gustó mucho. No sé si estará ya en español, pero hay más obras suyas publicadas en Destino.
      Del resto de mis lecturas no hablo porque de momento están siendo o muy, muy infantiles (pero en francés) o juveniles de las que no os gustan (se siente) Por el medio, releí "La importancia de las cosas", que me volvió a gustar. ¿Alguien da más? ¿alguna otra sugerencia? ¡Aún queda verano! Besos a todas

      Eliminar
    2. Yo acabo de llegar de Santander y vengo entusiasmada con el maravilloooooso mundo de la pragmática. Así que eso es lo que estoy leyendo, "Textos clásicos de pragmática", una selección de artículos de los años 70 y 80 que nos ocultaron en la facultad. Rarita que es una, ya sabéis. Me he encontrado un aviso de correos en el buzón que supongo que serán los soles espléndidos, pero no creo que me ponga todavía con él.
      Por el camino me leí La carretera, de Corman Mcarthy, que es una lectura muy intensa y muy interesante que os recomiendo.

      Eliminar
  4. Voy demorando las lecturas del club para final de agosto. Por ahora llevo ritmo pausado, acabé el juvenil "2044" que acabó mejor que empezó (un poco lentillo para mi gusto). Luego leí uno que no recomiendo "50 sombras de Grey" ... dicen que es "porno para mamás" pero no entiendo por qué para mamás (una historia de príncipe azul con porno cutre por el medio). Ahora estoy terminando uno con el que me lo paso genial y que propondré en la siguiente cena...te mueres de risa ¿alguien adivina? está muy de moda.
    Felices vacaciones
    (Por cierto, quiero esos textos de pragmática)

    ResponderEliminar
  5. Puff! Isto dos soles espléndidos vai ser moi sentimental para a miña recén-recuperada mente científica. Creo que me ides ter que contar vós o final.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Saludos a todas/os: Creo que "alguien" debería incluir una nota anunciando la próxima cena literaria ¿sigue en pie lo del viernes 5? ¿en un enxebre galego a falta de exóticos asiáticos? Por favor, avisos y confirmaciones para los/las ausentes (snif) del Ferro.
      Bicos

      Eliminar
  6. Tes toda a razón, a encargada deste blog é unha descoidada do demo. Aquí no Ferro andamos a ver se nos libramos dela dunha vez (sobre todo eu, que a teño pegada ás costas tooooodo o santo día). Pero nada, marchades todas e a esta non hai quen a mova. Snif, snif tamén por esta banda.
    Parece que a cea Si está por celebrarse o día 5: hai un par de seguro que sí, outro par de probablemente si/case seguro e as de fóra, que xa sodes máis cás de dentro. Abrídevos un face dunha vez!!!

    ResponderEliminar