venres, 30 de novembro de 2012

Día das librerías


Mira ti por onde, resulta que o día que eliximos para a segunda xuntanza do Club de profes resultou ser o mesmo que os libreiros españois elixiron para celebrar, por segunda vez, o día das librerías
Un día no que os libreiros, mediante descontos, horarios especiais e diversas actividades, nos recordan o seu papel como intermediarios entre os libros e os lectores.
.
Mesmo na era  das compras por Internet, dos e-books e de grandes cadeas como La Casa del Libro, dar un paseo por a nosa librería favorita librería, onde podemos esculcar  títulos e solapas, botarlle un ollo rápido á primeira páxina dun libro, ou deixarnos asesorar por algún libreiro experimentado,  segue sendo unha experiencia que moitos nos resistimos a abandonar. 
.
Para cada un de nós, a mellor librería é precisamente aquela na que confiamos para asesorarnos, para reservar un libro ou para sentirnos libres de curiosear sen compromiso e sen mirar o reloxo. Pero non por iso deixamos de admirar os espectaculares edificios que, polo mundo adiante, están dedicados aos libros. Neste vídeo tedes espectaculares imaxes de librerías e bibliotecas que, sen ningunha dúbida, ben pagaría a pena visitar: 


Para realizar visitas virtuais máis pormenorizadas por algunha delas (ou por todas), entrade nesta outra páxina.

Porén, a min, que para algunhas cousas teño un puntiño algo bohemio, a librería que máis me chamou a atención ata o de agora foi a neoiorquina Strand. O edificio non é tan espectacular coma os de arriba (en realidade non ten nada de espectacular), pero o ambiente compénsao con creces: libros por todas partes e de todos os tipos (novos, de segunda man, de oferta…), xente curioseando sen presa, e un aire desprecupado e, nalguns tramos, aparentemente caótico que lle da un encanto moi especial. 


E vos? Tedes xa algunha librería que vos pareza "especial"? Cal é?

Sobre libreiros, neste club levamos lidos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario