mércores, 6 de marzo de 2013

Vaia, este ano o segundo trimestre pasóusenos nun tris, non si? É verdade que foi un chisquiño máis curto que noutras ocasións, pero iso non foi ningún obstáculo para que os incansables membros do club levasen a cabo un montón de actividades e lecturas. Velaí vai un pequeno resumo e un adianto do que vén: mirádeo ben, aínda podedes apuntarvos a algunha! 

LUNS 3:15

DOBLAXE de Vincent (2º ESO)

MONTAXE DE POEMAS DRAMATIZADOS “TI SI QUE VALES” (1º-2º-3º E 4º) para o día
do libro                                                                                                                                

PREPARACIÓN PUBLICIDADE do CONCURSO DEMICRORRELATOS

ESCOLLA DE POEMAS para o día da poesía

MARTES – 2º RECREO – 4º ESO e 1º de BACHARELATO

 MES DE XANEIRO-FEBREIRO                                                                                     
- Lágrimas en la lluvia, de Rosa Montero

MES DE MARZO
- Febre, de Héctor Carré
 

MéRCORES- 2º RECREO- 2º e 3º ESO

- La hija de la noche, de Laura Gallego

VENRES- 2º RECREO- 1º DE ESO  (Xaneiro)
- O pequeno señor donPaul, de Martin Baltscheit
- MARZO- LIBRO SEN ESCOLLER


TERTULIAS CON OUTROS CENTROS

- O 6 de febreiro tivo lugar a tertulia de “Lágrimas en la lluvia” no Liceo cos outros centros da cidade. Na semana do 15 ao 19 teremos a segunda… e a visita do autor, Héctor Carré!!

COMIDAS-TERTULIA
- O 4 de febreiro tivo lugar a comida cos alumnos de 4º de ESO para falar sobre o libro




PRÓXIMAMENTE
      -      BÚSCANSE RECITADORES- ESPECIAL ROSALÍA DE CASTRO
-           OBRADOIRO DE ENCUADERNACIÓN (APUNTARSE ANTES DE Semana Santa)
-           BÚSCANSE ACTORES – ESPECIAL VIDAL BOLAÑO

1 comentario:

  1. Ola, compas do club, xa vexo que fixestes os deberes. Eu aínda recollín onte os libros e vou con retraso así que, se mo permitides, "vou aproveitarme" dalgúns froitos do voso traballo.

    Carmen, do IES Lagoa de Antela

    ResponderEliminar