xoves, 26 de novembro de 2015



Ben, pois a ver se imos centrando un pouco o tema dos debates de Bacharelato, que a este paso chega final de curso e nos pilla decidindo o tema... Claro, temas interesantes hai moitos, e vai ser difícil decidirse...
.
Un primeiro paso podería ser facer unha lista, a modo de "tormentas de ideas", para ir vendo o que vos interesa. Eu xa fixen a miña, e subina a Google Drive: se tedes conta de Gmail, podo habilitarvos para editar e así compartimos ideas e accesos a documentos sen ter que imprimir cada lectura interesante que atopemos. E, naturalmente, tamén podedes facer propostas neste mesmo blog.

A primeira lista está tomada da letra desta canción de Poetarras. Gústame porque demostra que mesmo nos temas nos que pensamos que todos estamos dacordo pode haber matices que nos fagan dubidar:



Nesa lista non hai enlaces a lecturas, espero que poidamos buscalas entre tod@s!!

 Na outra páxina van as miñas propostas, estas con enlaces a reportaxes, artigos de opinión ou blogs.

Outro sitio interesante ao que podedes acudir é burbuja.info, un foro no que se poden atopar todo tipo de opinións (algunhas mesmo moi fora do común) sobre todo tipo de temas. Ás veces cólanse algúns foreros que se pasan un pouco, pero, como xa somos maiores, iso tamén pode servirnos para saber o que non hai que facer cando se discute. Por outra banda, nos fíos máis serios (política, economía...) tamén hai xente moi preparada, con comentarios sólidos, argumentados e documentados dabondo.

E, finalmente, non esquezades andar polo mundo "cos ollos abertos": a vida cotiá tamén está chea de situacións, conversas e actitudes sobre as que paga a pena documentarse para adoptar posicións ben fundamentadas. 

1 comentario:

  1. A morte de Neira Vilas xenerou unha avalancha de mensaxes nas redes sociais. De todas elas, gustoume especialmente unha que circula en Facebook dende o luns: https://www.facebook.com/PEIXEVERMELLO/posts/10153128866852187?fref=nf
    Máis alá do tema propiamente galego, a testemuña de Anxela permite cuestionar moitos dos prexuizos que aplicamos sobre as persoas (rural / urbano, galego / castelán, nivel sociocultural...). Supoño que haberá bastante acordo sobre o inxusto que é esto, así que non ten moito sentido debatilo. Parécenme máis interesantes dous temas:
    - Se é tan claramente inxusto, por que segue a pasar? Facemos o suficiente para erradicar este tipo de actitudes ou, con non facelo nós, xa nos damos por satisfeitos?
    - Parécevos verosímil que a literatura poida ter este efecto na autoestima das persoas? Por que?
    - Os comentarios tamén poden suxerir temas de debate: algunhas persoas afirman que na adolescencia tamén se sentiron así, pero pasouselles co tempo, ou coas viaxes... Que pensades vós?

    ResponderEliminar