sábado, 7 de novembro de 2015

CADA SANTO TEN A SÚA NOVENA OU O SAMAÍN DESPISTADO

Nós non somos un insti normal...gústanos celebrar as cousas pero non ten que ser xusto na súa data. Así que como mais vale tarde que nunca ou o que é o mesmo cada santo ten a súa novena, o día de Todos os Santos cremos que terá moitas novenas e como ese día coincide co Samaín, nos decidimos celebrar o Samaín cunha semana de atraso.
Vale, tamén ten que ver que foi festivo e non era cuestión de ir o insti a pasar a noite...QUE IDEA! non estaría mal para outro ano celebrar un Samaín lector nocturno e durmir no insti.
Volvamos ao presente, o caso é que este luns as 15:15 no salón de actos espéranos unha sesión lectora ARREPIANTE. Non van faltar os efectos especiais, música tenebrosa, tronos e...o noso grupo de cuarto e as súas lecturas coas que ides tremeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeer. Quen durmirá esa noite?
Pena que as cabazas non aguantaran para facer ambiente...



Ningún comentario:

Publicar un comentario