A verdade é que este ano estou verdadeiramente contenta por como está marchando o club. Só hai que mirar os dous últimos meses. Temos as nosas reunións dos venres cos nosos
Contos por palabras, están en marcha as reunións dos nosos debatintes de segundo de Bacharelato e xa está escollido libro para as tertulias de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Pero ademais de todo iso...
|
A cea das profes
|
Mira que falamos de
Memoria da choiva ata con certos desacordos sobre o final (teríamos que falar co autor). O mellor, o xogo preparado por Amalia con premio e todo. Ben merecido levou Marisol este agasallo.
|
Xa contará na seguinte cea que lle pareceu
|
E xa temos data para a seguinte. Toca teatro e cea. Leremos e veremos O testamento de María de Colm Tóibín por se alguén do centro anímase.
Os rapaces tamén seguiron coas súas actividades, mirade estas creativas interpretacións dun gatipedro de
Escola de Menciñeiros
|
Tamén fomos ao teatro |
E no camiño fixemos unha actividade divertidísima que tiña que ver cun dos relatos lidos. Cambiamos algúns dos nomes de establecementos da cidade. E os eslogan...moi chuscos. Pasámolo ben. A xente mirábanos. Normal, non é moi común ver a rapaces traballando, con libro e caderno nun bus da cidade. Aínda nos deu tempo ao chegar de ler outro relato. Pero eu creo que non gustou moito.
|
A obra de Troya gustounos a casi todos
|
Houbo a quen non lle gustou tanto, aos rapaces de 2º ciclo, non? A verdade é que era unha posta en escena distinta: os monicreques preciosos e unilos con imaxes, pareceunos (a algúns) un acerto.
Pero sigamos coas cousas feitas, xa neste mes.
Tivemos a sorte de que Margarita (profe de teatro) fixera para nos unha
lectura de Memorias dun neno labrego e axudáranos ensinando como hai que ler ben un texto e na
selección deses voluntariosos rapaces que presentáronse á proba de lectura para a homenaxe que faremos para todo o centro este venres.
|
Contamos na biblio con Margarita, profe de teatro para homenaxear a Neira Vilas
|
Para rematar un bo comezo de curso, estamos a todo traballar na preparación desa lectura dramatizada. E bastante apuradiños, entre exames e avaliación. Crucemos os dedos e que todo saia como esperamos. Os nosos "Balbinos" do club van sorprender moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario