Este ano o festival de Nadal estivo pero que moi animado. Non sabía eu que no noso centro tiñamos tantos e tantas aficionados á música e ao baile. E ese comezo do noso grupo de teatro, con tan pouco tempo de traballo, 5 rapazas ben teatreiras. E ata acro-sport, deixáronnos alucinados.
E non podían faltar os nosos rapaces do Club, que puxeron en escena a Balbino. Contamos coa colaboración de alumnos de 3º e 4º do Club´(Rebeca, Rayssa e José Manuel) que foron resumindo o argumento de Memorias dun neno labrego. No medio, os nosos lectores, convertidos en Balbino, lían ante un público ben difícil (día de vacacións, ponte ti a ler en alto, a ver que pasa)
|
Daniel presentou a Balbino: Eu son Balbino, un rapaz de aldea... |
|
María, foi Balbino falando do valor da amizade con Lelo (Daniel) como lle dixera o seu tío (Rois) |
|
Elba como Balbino e Laura como Andrés, falaron das persoas maiores |
|
Pablo foi quen de falar do amor de Balbino pola mestra (Marlene)
|
|
Noa fixo de Toño, foi o peche co principio de Cartas a Lelo
|
Teño que confesar que pasei moito medo...cando vin o salón cheo, e dinme conta de tooooooodo o rato que estes estupendos Lectores (si, con maiúscula) ían ler, pensei..."pasámonos, verás como non aguantan". Si que algún fixo o parvo (iso vai no guión) pero en xeral o respecto foi fantástico. Incluso sorprendeume á saída os comentarios de alumnas de bacharelato, que lles gustara esta historia tan afastada de nós.
Gracias, rapaces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario