Seguro que máis dun pensou que a historia de Sadako podería dar para unha novela moi emotiva e chea de maxia e esperanza, non si? Pois si, efectivamente esa novela existe! Se alguén quedou con ganas de profundizar na historia e nos seus recovecos e seguir reflexionando sobre a paz, anímadevos a lela en calquera das catro linguas que moitos de vós manexades. A autora é canadiense Eleanor Coerr e, para galego e castelán, está editada en Everest (as portadas poden variar segundo a edición):
sábado, 30 de xaneiro de 2016
1000 grúas pola paz
No Ferro Couselo xa todos e todas estamos enterados da historia de Sadako Sasaki, porque, grazas á sempre animosa profe Marosa,este ano, co gallo do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, recollemos o seu legado e invadimos o centro con nada menos que 1000 grúas para pedir a paz no mundo. Algunhas, por se fose pouco, levan nas súas ás os haikus elaborados polos rapaces e rapazas deste Club de Lectura, que amosaron a súa sensibilidade e saber facer (a ver se algún se anima a compartilo co mundo nos comentarios!). Velaí un resumo da historia de Sadako e desta actividade na que todos participamos con extraordinario entusiasmo:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Parabéns ós artífices deste traballo. Hei de colgar o vídeo no meu blog para contribuír á sua difusión.
ResponderEliminarSaúdos. Marina.
Este comentario foi eliminado polo autor.
EliminarMoitas grazas, Marina. A artífice principal é Marosa Vázquez, que, ademais doutras cousas, imparte un obradoiro de papiroflexia dende hai varios anos. Pero a resposta dos rapaces e dos profes foi incrible, antes do nadal xa fixeran as 1000 grúas. Seguro que estarán encantados de que vos guste! Eu, como as manualidades non se me deron moito, fixen o vídeo para compensar...
EliminarUn saúdo
Noraboa, que traballo tan lindo
ResponderEliminarNoraboa, que traballo tan lindo
ResponderEliminarMuchas gracias, nos encanta que te guste.
EliminarExtraordinario trabajo!!!! Sensible y original, comunica un maravilloso mensaje de paz. Enhorabuena y no perdáis las ganas de enseñar estas cosas.
ResponderEliminarMaribel Martín Misol
Muchas gracias, Maribel. Eso es lo importante, que llegue el mensaje y que los jóvenes se comprometan en su difusión.
EliminarUn saludo.
Xenial o vídeo, Paloma!
ResponderEliminarNo blog O galego do Quinto enlazamos con este e puxemos tamén fotos nunha entrada adicada a esta actividade. Podedes vela aquí:
http://laboresvarios.blogspot.com.es/2016/02/dia-escolar-da-paz-e-da-non-violencia.html
Saúdos!