O grupo de 2º e 3º, que non deixou de ler en verán, comezou con Maldita adolescente de María Menéndez Ponte.
Tivemos un par de almorzos porque unha sesión non chegou. E aínda pedían unha máis. Este grupo é verdadeiramente lector.
O grupo de primeiro de ESO coñeceu as nosas sesións de terror por Samaín. Unha sesión terrorífica cunha audición de Poe. Algún non era quen de concentrarse esperando un susto detrás das cortinas. Agora os de segundo reclaman a súa sesión, aínda que xa non sexa a data indicada. Estamos pensando nunha sesión especial para o día dos namorados.
Estes grupo dos pequenos do instituto tamén é moi activo. Leron con Pilar, a profe de francés, o libro de BOM de Mark Haddon. Todos os mércores no segundo recreo alá estaban na biblio. Non temos fotos das sesións o que si temos é unha das súas sesións paralizadas.
Nesta montaxe, feita por Pablo García (2º ESO), tamén podedes ver ao grupo de 2º e 3º co libro
O faro escuro de María López Sandez. Deste libro non só tivemos sesións no insti, tamén fixemos unha estupenda xuntanza cos nosos compañeiros de IES XULIO PRIETO NESPEREIRA. Un almorzo divertido, con xogos , amigo invisible, debate.
Serás quen de facer grupos de personaxes de O faro escuro?
Os grupos funcionaron moi ben por ser dos dous centros.
Amigos invisibles de libros e tarxetas
Unha xornada estupenda. A pizza inspirou o debate: "Fixo ben Carolina deixando ao rapaz? é bo o malo o fareiro? Xa estamos a escoller o libro para a próxima xuntanza.
Os rapaces de 4º e 1º de bacharelato deixaron a súa lectura para este Nadal. Así que teremos que facer unha xuntanza en xaneiro de As horas roubadas de María Solar.
E non podía faltar a segunda cea de profes, aínda que con algunhas baixas por datas, gripes e demais. O sol do verán de Casares tivo os seus admiradores e os seus detractores.
O noso amigo invisible foi realmente variado
Para primeiros de febreiro temos Al Faro de V. Woolf e Izan o da saca de Xabier Quiroga.
E para rematar o ano, o 22 de decembro, fomos ao teatro uns poucos profes do club e os rapaces de 2º de bacharelato
A montaxe de El público de Lorca a mans do Teatro de la Abadía non deixou a ninguén indiferente.
Gustaríame que os meus alumnos comentaran que sentiron, que lles pareceu... Encantados sei que saíron e tamén polas fotos finais...
É lóxico que co guapos e guapas que son, Martiño Rivas quixera facerse unha foto con eles
Sonreíde neniñas, pero sinto contarvos que ten algo que ver con Irene Escolar, que bordou a súa actuación como Julieta na obra.
E así chegamos a rematar un ano máis, pero ISTO NON É TODO, AMIGOS. Pronto volveremos que aínda temos moitos proxectos no forno.
Felices vacacións e moi felices lecturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario