martes, 9 de outubro de 2012

Abrindo brecha

A que non adiviñades cal dos mini-clubs foi o primeiro do curso en reunirse para comentar libros?

Hehehe... xa, xa sei que a resposta é bastante evidente: O CLUB DE PROFES, naturalmente! Apenas un mes despois de comezar o curso, xa estabamos nós comentando as lecturas que acordaramos ao final do curso pasado. É que, ainda que tamén nos gustan moito, pero moito, as vacacións, a verdade é que xa tiñamos ganas de vernos. Ademáis, o noso mini-club estase a converter nun punto de encontro con aqueles membros que van deixando o noso instituto. Quen sabe! Pode que algún día, dentro duns aniños, tamén os alumnos que formaron parte do club e van deixando o instituto se animen a imitarnos.

Reunímonos o día 5 de outubro no restaurante Abadía para comentar os dous libros que leramos no verán: Os nomes do traidor, de Xurxo Sierra Veloso, e Mil soles espléndidos, de Khaled Hosseini. Debatemos, entre outras moitas cousas, sobre o enigmático protagonista do primeiro, mentras que Mil soles espléndidos serviu para recordarnos a dramática situación das mulleres en moitas partes do mundo e, particularmente, en Afganistan, un país no que, malia periódicos asomos de esperanza, as cousas non rematan de normalizarse. E tamén, como ven sendo habitual, falamos doutros libros e da nosa próxima cea. 

Despois trasladamos a tertulia a un marco incomparable, unha terraza situada xusto baixo a espléndida fachada da nosa catedral. A próxima cea quedou establecida para o día 30 de novembro no restaurante TodoBio. A ver se é verdade e non temos que retrasala esta vez! 

Dos libros escollidos non vos vou falar. Só vos darei os titulos, e se queredes saber máis ides ter que visitar a wiki, que se non vos obrigo non pasa ninguén por alí. Son Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, e Lágrimas en la lluvia, de Rosa Montero.

O que si vos direi é que por esta vez podedes escoller un ou os dous. Menos mal, porque os dous son bastante larguiños! Aínda así, a verdade é que vai ser difícil resistirse, porque as críticas e opinións sobre eles son realmente eloxiosas. Quen sabe, pode que, agora que non é obrigatorio, mesmo a min me dea por ler os dous!

Outros libros dos que tamén se falou pero quedaron na reserva foron:

4 comentarios:

  1. Xa liches un, Paloma, así que ben podes cos dous!!!

    ResponderEliminar
  2. Seguro! Ademais, despois do que estou lendo agora, vou necesitar refrescar a mente.

    ResponderEliminar
  3. Agora que xa por fin volvo ter internet (estiven "desconectada" na casa por avaría)volvo por aquí para felicitar a Paloma, coma sempre, polo traballiño do blog e polo ben que escribe sempre os comentarios. En só lin un dos libros, aínda, pero xa teño ganas de vervos de novo.Bicos

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas! Eu paréceme que vou ir só cun libro :( E mira que esta vez quería ler os dous, por aquelo de que non son obligatorios e me gusta ir ao revés... En fin, o día segue a ter só 24 horas! Vémonos, a máis tardar, o 30 (se non volve antes o cine, non?)

    ResponderEliminar