A semana pasada o Cineclube Padre Feijoo, que xa está de volta todos os mércores, proxectou a película Poulet aux prunes (Pollo con ciruelas, en castelán), de Marjane Satrapi, baseada no comic do mesmo título (e da mesma autora). E alá que nos fomos tres profes do club, que pasamos unha velada estupenda con esta historia tenra e á vez dramática, impecablemente interpretada e cunha posta en escea deliciosa.
Marjane Satrapi (Irán, 1969) fíxose famosa con Persépolis, un dos dous cómics que todo o mundo, mesmo aqueles que abandoaron este xénero coa infancia, ten lido (O outro é Maus, de Art Spiegelman). Persépolis é unha obra autobiográfica, que conta a vida da autora dende o momento en que, cando ela tiña 10 anos, os integristas se fixeran co poder no seu país. As vicisitudes de Marjane no seu país e en Europa, onde ven a estudar, teñen sempre como transfondo a difícil situación de Irán, o fundamentalismo, a guerra, as dificultades da muller no mundo árabe pero tamén as dificultades derivadas do "choque de culturas" que a protagonista enfronta en occidente. Ademáis do contido, foi moi comentado o particular estilo en branco e negro das viñetas, que caracteriza os libros máis coñecidos da autora.
Un deseño moi persoal que se mantivo na adaptación para o cine, unha película de animación realizada no 2007 que tivo case tanto éxito coma o comic.
Tamén vai dirixido aos máis pequenos o conto Los monstruos tienen miedo a la luna, unha historia na que María deberá loitar contra tres monstruos que lle asaltan pola noite. Para elo, a nena decide baixar a lúa á súa habitación, pero esa acción provoca un caos na cidade ao que terá que poñer remedio.
Un deseño moi persoal que se mantivo na adaptación para o cine, unha película de animación realizada no 2007 que tivo case tanto éxito coma o comic.
Nunha liña similar a Persépolis está Bordados, que se presenta, en certo sentido, coma unha "continuación" do anterior: de volta en Teherán, Marjane, a súa avoa e sete mulleres máis, mentres durmen os seus maridos, manteñen unha longa conversa que nos permite coñecer, máis alá de simples estereotipos, múltiples aspectos da vida das mulleres árabes: as súas inquedanzas e sentimentos, as súas opinións e as diversas experiencias vitais, en certo sentido diferentes ás occidentais pero noutros moitos sorprendentemente universais.
Menos coñecido, El suspiro preséntase coma unha "fábula ilustrada", na que o texto vai combinado con debuxos á maneira dos libros infantís. Neste caso, Marjane Satrapi abandoa o branco e negro para relatar a historia dun comerciante que, nun dos seus viaxes, non puido traer á unha das súas fillas o regalo que ela lle pedira. As queixas da rapaza atraerán a un misterioso personaxe, "Ah", co que Rosa, e nós con ela, aprenderá o valor dos sentimentos.
En Ajdar, un conto dirixido esta vez aos máis pequenos (ainda que os maiores tamén o len con agrado), cóntasenos a historia dunha nena, Matilde, que terá que viaxar ao centro da terra para restaurar a orde que un misterioso temblor alterou.
Tamén vai dirixido aos máis pequenos o conto Los monstruos tienen miedo a la luna, unha historia na que María deberá loitar contra tres monstruos que lle asaltan pola noite. Para elo, a nena decide baixar a lúa á súa habitación, pero esa acción provoca un caos na cidade ao que terá que poñer remedio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario