domingo, 7 de febreiro de 2016

A nosa labor pola paz: Haikus.




O Club de lectura quiso colaborar coa iniciativa do Departamento de matemáticas pola paz e esas mil grúas que quedaron tan feitiñas. Por iso ademais de aprender a facer os paxariños,  traballamos todo o mes, os luns pola tarde, facendo un obradoiro de haikus. Aprendimos que era un haiku, fixemos haikus clásicos e animámonos a facer haikus co tema da paz. Tamén nas sesións, mentres intentabamos facer os nosos haikus, lemos haikus pois  xustamente este mes (nin que nos leran o pensamento) chegounos un libro de haikus contra a violencia de alumnado de todos os centros de Galicia.
Continuamos o obradoiro facendo as grúas poñendo nas súas ás os nosos haikus


Os nosos haikus en diferentes idiomas e nas ás das grúas



Tamén, animáronse a preparar un pequeniño acto para o día da paz, lendo as súas pequenas obras


Marosa axudou a preparar os textos en frances 



Na biblioteca preparando o acto


A súa participación no acto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario