Os días 18 e 25 de febreiro tivemos unhas visitas moi especiais, os alumnos dos CEIP Ruxidoiro e Filomena Dato viñeron coñecer o noso centro.
Nós non podiamos escapar a ocasión e propuxémoslles un xogo-concurso de caligramas cos poemas de Manuel María. Os nosos alumnos/as foron quen lles explicaron o que era un caligrama. E vós, querédelo saber? pois nada, estade atentos que pronto teredes aquí o resultado

Os nosos alumnos/as explicando como facer un caligrama.
Os mellores caligramas serán editados nun libriño.
Estade atentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario