xoves, 10 de marzo de 2016

O FARO ESCURO



O mércores 9 de marzo tivemos xuntanza de club de 4º de ESO,  para falar de O faro escuro  de María López Sández (Ed. Galaxia) que coordinou a profe de galego Ana González.  Baixo a aparencia de novela policial, López Sández consegue enfrontar a tres personaxes, dúas mulleres e un home, nunha difícil toma de decisións en situacións límite.
Na xuntanza falamos desa toma de decisións : que facer se estás nunha encrucillada? actúan ben os protagonistas nas súas tomas de decisións? foi acertada a decisión de  Catalina en nadar sen mirar cara o bebé? por que non sinte remorsos?  fixo ben o fareiro en dar a volta no outeiro? é atinado subirse a unha barca con temporal para salvar unha vida? Tamén se falou da credibilidade do acontecido e da verdadeira finalidade desta novela policial onde enseguida coñécese ao malo. Paramos a falar das diferentes formas de afrontar a vida as mulleres:o éxito e/o a renuncia profesional, ser xulgadas por decisións que son tomadas polo feito de ser muller. Tamén  algo saíu dos medios de comunicación, da utilización que fan das noticias e das persoas.
En definitiva, unha boa charla, saíron máis cousas do que eu esperaba. Moitas gracias, Ana e rapaces. Aquí vos deixo unha entrevista coa autora e algunha fotiño do almorzo.



Para a próxima xuntanza toca froita, vale?

Ningún comentario:

Publicar un comentario