mércores, 16 de marzo de 2016

AS APARENCIAS ENGANAN:CHAMÁDEME SIMBAD


Neste libro de  Francisco Castro Chamádeme Simbad as aparencias enganan, principalmente  por dous motivos. O primeiro, polo seu aspecto, cando o entreguei aos meus alumnos/as de primeiro ciclo pensaban que tratábase dun libro infantil...Sabedes que os digo? ODIO AS ETIQUETAS DOS LIBROS, non creo nelas. Pode que teña dibuxiños, pode que o seu protagonista sexa un neno de dez anos, pode que sexa a súa mirada a que está no libro, pero será infantil ou non segundo a lectura que se faga, digo eu. Persoalmente deume moito mais que pensar que outros libros que len agora os meus alumnos/as. E iso lévame ao segundo motivo de que non todo é o que parece: cando o les daste conta que as cousas non son o que parecen (e non me refiro só a sofás que son barcos), as persoas non son o que parecen, os silencios non son o que parecen...Tócanse moitos temas interesantes, non só o do alzheimer, tamén  o traballo dos pais, o papel da muller na familia,  a dependencia dos adultos do móbil,  o que se sente e o que se mostra, a vida da infancia, da terceira idade...
Estou segura que imos ter unha reunión moi boa, porque estes meus alumnos/as de primeiro ciclo son lectores moi moi especiais e saberán sacar o mellor do libro.
Á volta das vacacións, o venres 1 de abril ás 10:10 falamos un chisco (e miramos quen levamos almorzos caseiros) e o  6 de abril ás 11.20 teremos a xuntanza,


Se queredes escoitar o principio do libro, aquí  tedes

1 comentario:

  1. Moitísimas grazas por recomendar o meu libro e por saber ver todo o que leva dentro.

    ResponderEliminar