O pasado luns, 14 de marzo tivemos unha boa reunión de clubs de lectura de primeiro ciclo da ESO. Os nosos alumnos/as e os alumnos/as do IES XULIO PRIETO NESPEREIRA quedaron para falar dun libro que leran á vez. Trátase de Heka: unha viaxe máxica a Exipto. Que saibades, que creo que xogabamos con vantaxe pois nós liamos un pouco cada semana, quedabamos os venres e quen quería investigaba de distintas cousas de Exipto: que eran os xeroglíficos, que comían, como vivían, os deuses...ata algunha interesouse pola moda e os maquillaxes.
O caso é que quedamos no centro de Ourense, xa que cada instituto está nunha esquina da cidade e fomos xantar xuntos e despois de xantar fixemos un xogo de preguntas e respostas. Creo que quen mellor o pasou fomos Amala e mais eu (as profes). A cousa estivo moi emocionante pero o premio foi para Daniel e Marlen do Ferro Couselo e Cleia do Preito Nespereira. Pero todo o bo acábase, así que tivemos que marchar. Esperamos ver pronto aos nosos compañeiros de lectura.
Heka vaise de xantar on PhotoPeach
Ningún comentario:
Publicar un comentario