Este é un dos poemas que se agochan nas páxinas dos libros que vimos de colocar nunha mesa na entrada do instituto.
Xa sei que vós, que sodes moi listos e moi afeizoados á literatura, estades a pensar agora mesmo: “Un momento! Iso non era así! Eu teño escoitado ese poema con outro final!”. Pois claro que si! Nesa mesma mesa podes atopar tamén o poema de Bécquer que inspirou a Ángel González. E moitos máis.
Porque a poesía é todo iso: a amada de Bécquer (ou a nosa, ou o noso), unha paisaxe, un sentimento, o compromiso, a beleza, a reivindicación, a reflexión sobre os mais variados temas, pero tamén xogo, música, risa, comunicación, lingua... todo o que cabe no corazón, no pensamento e na imaxinación humanos.
Animémonos a descubrila!!
O día 21 de marzo non só celebramos a chegada da primavera. Os amantes da literatura temos un motivo mási de celebración, porque hoxe é o día escollido pola UNESCO para adicalo á Poesía. Para celebralo connosco, pide en conserxería papel e lapiseiros e copia ese poema , ese fragmento, mesmo ese sinxelo verso que che emociona, che provoca, che intriga, ou que simplemente queres compartir co mundo porque si. Escribe o teu nome por detrás e moi pronto entrarás no sorteo dunha sorpresa.
Aínda que a verdadeira sorpresa, non o esquezas, está agochada nos volumes que hai sobre a mesa. Aí hai un poema moi especial que está agardando que ti o atopes. Só tes que buscalo.
..E, por suposto, encantaríanos que compartises connosco o teu poema preferido nos comentarios a esta entrada.Recorda tamén que nos enlaces que aparecen á marxe deste blog hai varias páxinas adicadas á poesía: Palabra virtual, A media voz, e as versións musicadas por Vicente Monera.
O meu poema preferido é este:
ResponderEliminar"Adiós, ríos, adios, fontes,
adiós regatos pequenos,
adiós vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos."
Escribiuno Rosalía de Castro e fala das persoas que teñen que emigrar. Creo que reflexa moi ben o amor á terra e a pena que da deixala.
Este ano no día das letras galegas recordase a Lois Pereiro(1958-1996)polo que escribirei un dos seus poemas:
ResponderEliminarVendo eses dous ollos latexantes
cal visión dunha imaxe entresoñada
no seu peito en perfecta simetría
cun interno tremor que me fascina
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre
protexido da morte
coa súa vida
féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as vértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura.
Poesía última de amor e enfermidade, 1992-1995
Precioso, Noa!
ResponderEliminarAínda non lera nada de Lois Pereiro, pero creo que me vou animar. Gústame moito ese contraste entre o amor e a morte, e como combina sentimentos aparentemente tan diferentes coma a dor, a paixón e a tenrura.
Moitas grazas por compartilo, e por ser a primeira en participar!!! (Xa sabemos que Colometa non conta, chívanlle outros todo o que di ;))