O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, quizais os dous escritores máis trascendentes e valorados da literatura mundial.
Hoxe xa case todo o mundo sabe que esta pasmosa coincidencia ten algo de trampa, porque naquela época Inglaterra e España se rexían por calendarios diferentes. Así que sería máis axeitado dicir que os escritores morreron en días diferentes que tiñan, por así dicilo, o “mesmo nome”. O cal non deixa de ser menos asombroso, e deunos ás xeracións posteriores a oportunidade de establecer un día no que os lectores celebramos a existencia da literatura, ese fenómeno marabilloso que tanto nos aporta aos que temos a sorte de ternos afeizoado a ela.
Pero, que é iso que nos aporta a literatura? Que buscamos os lectores cando abrimos un libro? Non hai unha resposta única: cada persoa, cada libro, cada momento temos necesidades ou apetencias diferentes, e os que amamos a literatura sabemos que, nalgunha parte, existe o libro que se adapta exactamente ao que queremos nese preciso instante. Porque nós, algunha vez, experimentamos esa máxica sensación de que o libro que estamos a ler pareza exactamente feito para nós. Por iso seguimos lendo. Por iso compadecemos á xente que non foi quén de seguir buscando e deixou de ler.
E aínda que saibamos que é imposible recoller todo o que os libros poden aportarnos, nesta presentación escollemos algunhas ideas, e transmitímolas, como non podía ser menos, nas palabras deses escritores que poñen voz aos nosos pensamentos e sentimentos mellor incluso do que nós o faríamos.
View more presentations from catholty
E ti? Por que lees? Recordas ese libro que che fixo sentir especial? O que parecía que falaba de ti? O que che abriu os ollos sobre algún tema? O que te transportou a un país ou a unha época lonxana? O que che fixo rir, ou chorar, ou pasar medo, ou emocionarte....?
Cóntanos, a nós tamén nos gustaría descubrilo!!
O meu libro favorito é ''o neno co pixama de raias'' porque conta moi ben a historia ''nazi'' visto dende o punto de vista do nazismo non dos que o pasaban mal xudeos,negros...xa que o protagonista é un fillo dun xefe nazi, que ten un amigo nun campo de concentración, que por querer axudalo o matan nunha cámara de gas.
ResponderEliminarBenvido, Juanma! Ves que fácil era chegar?
ResponderEliminar"O neno co pixama de raias" é un libro que sempre está na miña lista de para-ler-un-día-destes, pero aínda non lle atopei un oquiño. Dareille uns cantos puntos preferentes por ser a primeira recomendación desta entrada, deste verán non pasa!
Grazas por participar!
é moi interesante o vídeo espero que máis xente o vexa.
ResponderEliminar"O neno co pixama de raias" : cando caeu o libro nas miñas mans non se coñecía. Unha libreira de O Carballiño recomendouno no insituto e dixo: se vos digo de vai xa non é o mesmo. Polo tanto empecei a ler sen saber de que trataba. Creo que parte do impacto que me produciu foi por non ter nin idea do tema.
ResponderEliminarAgora ben, non entendo o super "boom" deste libro. Paréceme un pouco desproporcionado.
Un dos libros que me marcou foi Molly Moom. Este é un libro de aventuras e intriga no que todo o que pensas sae ao revés. Recoméndollo a todos aqueles que queiran engancharse a un libro.
ResponderEliminarOla!
ResponderEliminarA min encántame ler, leo de todo, aínda que o que máis me gusta é a literatura fantástica.
Os libros que máis me marcaron foron os sete de Harry Potter. Son uns libros moi completos e que che enseñan moitos valores: amizade, lealdade, valor, loitar polo que cres... ademáis os libros son moi entretidos e engánchante dende a primeira páxina.
Bicos.
Vaia, pasamos dun libro moi realista, "O neno..." á literatura fantástica. Seica se confirma a idea da entrada: hai libros para todo, e para todos.
ResponderEliminarXa escoitara falar, e moi ben, de Molly Moon. A verdade é que argumento parece moi atractivo. Valerá para 1º da ESO? A ver se o comprobo este verán!
E Harry Potter... Cantos adolescentes terá gañado esa fantástica saga para a literatura! Espero que sigas atopando moita diversión e moitos valores nos libros, Rebeca.
Moitas grazas as dúas por participar.
¡Hola de novo!
ResponderEliminarVeño a recomendar unha trioloxía de libros moi boa: Los Juegos del Hambre. Son unhos libros moi bos e realistas. Recoméndoos plenamente, vouvos deixar a sinopse do primeiro, por que se a poño eu seguro que vos estropeo gran parte do libro: http://www.lecturalia.com/libro/29914/los-juegos-del-hambre
A min recoméndaronmos nun foro, e desde que lin o primero capítulo non puiden deixalos, engánchante deseguido. Detrás de todas esas páxinas hai cabida para o amor, a lealdade, como é o ser humano, aparece o espírito de loita, de nunca rendirse...
Moitas grazas de novo pola túa recomendación, Rebeca!
ResponderEliminarO libro do que falas ten unha pinta estupenda, tanto que xa estiven a curiosear en Internet (http://www.losjuegosdelhambre.com/) O argumento recórdame unha impactante película xaponesa, Battle Royale, ainda que na peli os poderosos consiguen impoñer a violencia, e no libro parece que hai unha visión máis optimista do ser humano. En calquera caso, sempre é interesante coñecer as dúas posturas: xa sabemos que todos temos luces e sombras e no fondo as dúas historias nos levan, seguro, a rexeitar o lado máis oscuro e valorar máis a colaboración e o compañerismo que a loita.
Tamén lin un libro de temática parecida, Ácido sulfúrico, de Amélie Nothomb (http://www.lecturalia.com/libro/10696/acido-sulfurico), máis amable que a peli (alomenos no final) e bastante interesante. É moi curto e fácil de ler, se vos gustan os idiomas tamén o podedes ler na versión orixinal, en francés.
Por certo, gústaríame incorporar algús foros de literatura xuvenil nos enlaces deste blog, pero non teño moito tempo de andar a buscar, así que che agradecería moito que me recomendases algúns.
¿Libros que impactaran? Moitos,claro, algúns incluso dos lidos “por obrigación”, que non vou incluír agora. Podo dicir que prefiro Molly Moon a Harry Potter, ou que a triloxía de tinta está superchulísma (“Corazón ...” “Sangre...” e “Muerte de tinta”) dunha das miñas autoras favoritas, Cornelia Funke, e mesmo que “O neno do pixama...” a min non me gustou. Sen ser “literatura Xuvenil” seguro que hanvos gustar e enganchar “EL perfume” de Patrick Suskind, “La tabla de Flandes” de Arturo Pérez Reverte ou “La mecánica del corazón”, de Mathias Malzieu. Se alguén se anima, que conte a súa opinión ¿vale?
ResponderEliminar