Ou entendín mal ou escoitei mal o nome da última lectura que decidimos para a volta: copiei “El jinete ruso” pero polo que contou Amalia coincide con El frente ruso, de Jean-Claude Lalumière, e ten moi boa pinta. Parece que é de humor pero á vez é unha crítica contra o sistema. Quen queira saber máis só ten que ver algunha crítica na rede ou entrevistas coma esta da TV2. Quen se animaba con el en francés?
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Esta vez as recomendacións foron poucas e un pouco apuradas (claro, como que nos largaron do local, e que tedes un rollo!). Así que recollo aquí algunhas das recomendacións porque VOS LEMBRO que quedamos en ler o de Lalumiere e escoller outro libremente entre os recomendados:
- A pobre Chus quedou chascada porque non saíra adiante El juego del Ángel de Carlos Ruiz Zafón.
- De novo saíu El pájaro que da cuerda al mundo de Murakami que recomendara Montse a anterior cea e que deixou con ganas a Paloma. Aínda que unha servidora prefería 1Q84.
- Tamén o intentei con Indignádevos de Hessel e Reacciona de Jose Luis Sampedro e outros, pero non tiveron éxito.
- Creo que foi Amalia quen falou de El Chino, que vos recomendo moitisimo. Se antes me gustaba, moito máis despois de escoitar a Mankel en Santiago na entrega de premios que asistimos… (pero iso é outra historia)
- Sara (un dos topos doutro centro “Lagoa de Antela”) recomendou Persépolis. Sería unha boísima maneira de entrar na novela gráfica. Preguntarei a María de Allariz se podemos conseguir algúns volumes.
- Creo que Begoña recomendou... Vaia, non nos acordamos! Menos mal que temos os comentarios para que ela mesma nolo recorde!
- E non sei quen inclinouse por El Cementerio de Praga, a última de Eco.
Había máis pero é dos que me lembro, estaría moi ben que vós mesmos os engradírades nos comentarios, aínda que non saíra na cea ou aínda que faltárades (estamos escasos de lecturas en galego para este verán ; ) )
Coa anterior entrada, os maiores do club, persoal docente e non docente, se convertiron, en só un ou dous días, nos participantes máis activos do blog (que non decaiga!)