mércores, 4 de xuño de 2014

OS NOSOS DETECTIVES DE PRIMEIRO


Os rapaces de primeiro están a ler coa profe Ana estes relatos de misterio. Noelia, Aarón, Ainoha, Anxo, Laura e Miguel están dispostos a facer a de Sherlocks, polo noso instituto. Tende coidado: alguén desaparecerá...Moito coidado.
Para saber a súa opinión sobre o libro...
  O primeiro relato "O ritual Musgrave" non me gustou moito. Era moi lioso e ademais case non fala do caso que ten facer. O mellor deste capítulo foi o final. 
O segundo relato "Silver Blaze" gustoume moito, porque xa empeza contando o caso,  deixoume con algo de intriga porque eu non pensei que o caso quedase así 
NOELIA COSTA GARCÍA 1º A

O terceiro relato do libro "O misterio do Val de Boscone"  é o que máis me gustou. O capítulo é moi intrigante e pensei que o asasino fora Alice Turner a rapaza coa que McCarthy quería que casase o seu fillo. Eu, quedei anonadado cando me enterei que o asasino fora...


Do conto "O intérprete grego" gustoume principalmente por coñecer a  Mycroft Holmes, o irmán de Sherlock, aínda que o relato en sí é moi interesante
AINOHA GONZÁLEZ CASTRO 1º A

E MOITO OLLO, na próxima entrada... "O MISTERIO DE SHERLOCK NO NOSO INSTI". Teredes que votar aos sospeitosos...