mércores, 15 de maio de 2013

Letras galegas 2013

Imaxe do calendario sobre Vidal Bolaño
elaborado polo ENDL  do
 IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia)

Este ano o día das letras galegas é un día triplemente especial. Coma todos os anos, naturalmente, está dedicado a un escritor en galego en particular, e xa sabedes que este ano lle tocou ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, do que espero que teñades estudado moito para o concurso que faremos no instituto.
.
Pero ademais, celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, o libro de Rosalía de Castro en honor do cal se escolleu o día para esta celebración, e do cal tamén vos ofreceremos unha mostra no acto de mañá.
E por se iso fose pouco, coincide tamén co 50 aniversario da creación do Día das Letras Galegas, cuxa primeira edición se celebrou, como xa imaxinaredes, no centenario da publicación de Cantares.
.
No club de lectura, ademais de colaborar co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística na preparación do acto que terá lugar no instituto a última hora da mañá, decidimos centrarnos este ano nun par de manifestacións artísticas nas que a literatura se mestura con  outras formas de expresión.
.
O cómic galego é un xénero puxante e prestixioso dentro e fora de Galicia, como podes comprobar neste artigo de El País  de fai xa catro anos. Amalia, unha das membros do club de profes que andan agora espalladas pola cidade, enviounos este boletín de recomendacións, que recibiredes tamén e papel:


Por outra banda, no club de lectura decidimos iniciarnos na arte da “doblaxe” coa adaptación ao galego dunha curta de Tim Burton Vincent
Un corto que fala precisamente da influencia da literatura na vida: Vincent Malloy, coma un moderno Quixote, le tanto que remata por non diferenciar moi ben as súas fantasías da realidade. Só que el non le libros de cabalería; non, el é un fervente afeizoado ás terrrrrroríficas historias de Edgard Allan Poe, algunhas das cales foron interpretadas no cine por un actor chamado Vincent Price.