sábado, 29 de outubro de 2011

Mini clubes 2011-2012


Xa está todo listo para que nas próximas semanas comecen a funcionar os "clubes dentro do club". Grazas a colaboración dun grupo cada vez máis numeroso de profesoras, esta actividade permitirá que se podan facer lecturas simultáneas en diferentes niveis, adoptándonos ás diferentes idades e intereses.
.
Na primeira parte deste curso, as lecturas serán as seguintes:


Sonia volverá a coordinar o grupo de lectura de 1º de ESO. Recordades que o ano pasado estaba formado só por chicos? Pois parece que este curso van ser ... todas rapazas! Que cousas! Leerán un libro que parece moi, moi interesante: O pequeno señor Paul, de Martin Baltscheit e ilustrado por Ulf K. Conta unha serie de aventuras cheas de fantasía vividas por un lector empedernido. E é que os libros, ben o sabemos, poden darlle unha dimensión sorprendente as nosas vidas!




Mentras tanto, os antigos "rapaces de Sonia" agora están en 2º da ESO. Eles, e algún máis, leran, coordinados por Amalia, un relato de An Alfaya, O caderno azul.  Nesta emotiva novela, a protagonista, Anxélica, vainos contar os seus sentimentos ao longo dun ano, que anota nun caderno regalado polo seu avó.
 Querido caderno azul, vou bordar nas túas follas ensoños e lembranzas, páxinas de alegría mesturadas de inquedanzas, camiños descoñecidos que conducen á esperanza...


Pola súa banda, Ana González, profesora de galego, compartirá cun grupo de alumnos de 3º e 4º a lectura de El palacio de la medianoche, de Carlos Ruiz Zafón. 
 Nunca podré olvidar la noche en que nevó sobre Calcuta.El calendario del orfanato St. Patrick’s desgranaba los últimos díasde mayo de 1932 y dejaba atrás uno de los meses más calurosos que recordaba la historia de la ciudad de los palacios.

Outros alumnos de 3º de ESO leremos O diario vermello de Flanagan y O diario vermello de Carlota. Uns libros que responden a preguntas moi "íntimas" que algúns xa empezan a facerse... 
Estamos indagando a maneira de compartir a lectura a través da web, pero non acabamos de poñernos de acordo coa fórmula: foro? blog? tuenti? En fin, xa vos iremos contando...



Finalmente, os alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bac volverán a participar nas tertulias do Liceo, onde poderán comentar con alumnos doutro centro a obra Futuro imperfecto, de Xulia Alonso, na que a autora relata a súa tráxica historia real. Unha historia de amor moi emotiva na que o final non é feliz. Non, non estou desvelando nada, o final xa nolo dá ela nada máis empezar. E é que iso non é o importante, as historias de amor non se miden pola duración: acaben como acaben, xa ninguén poderá quitarnos o que sentimos mentres duraron.


venres, 7 de outubro de 2011

Mens sana in corpore sano


Non teño nada que engadir. Cando fala un Premio Nobel, excelente escritor, cidadán comprometido, ser humano lúcido, sensible e xeneroso, as palabras dos demáis sobran.