Amosando publicacións coa etiqueta club de 2º eso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de 2º eso. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de xuño de 2017

REFLEXIÓN

O certo é que este ano o club está a funcionar dun xeito máis silencioso pero non significa que non esteamos a ler. Unha pena que non teñamos máis tempo para organizar actividades para todo o centro, como faciamos outros cursos.
Porén  estou satisfeita co chisquiño que aportamos os que tiramos deste carro. Un carro cargado de ilusións e libros pero tamén de moito traballo que, as veces, non nos deixa adicarnos como quixeramos a asuntos como estes do club ( ao fin e ao cabo son como quen di os "adornos" dos nosos sistemas educativos que piden contidos, procedementos, estándares e burocracias). Hai moita xente que nalgún momento botou unha man, foi profe axudante, alumno colaborador. Non podo máis que agradecer a todos aqueles que fixeron ou fan pola súa conta algo por este club,  ou a aqueles que foron voluntarios nalgunha das múltiples actividades lectoras do centro.  Xa levamos unha grande andadura e sempre atopei alguén, sempre, que me deu folgos cando estiven a piques de "pechar o chiringo". Cando estou cansa, superada ou simplemente farta dun sistema educativo que non ten en conta a xente que intenta impregnar de ilusión o seu traballo. "Tirar a toalla, dar a miña clase e saír correndo", penso a principios de curso. E logo, polo corredor acósame un neniño que non me coñece de nada e me pregunta se eu son "a dos libros" e que cando empezamos, e brillan os seus ollos que me descolocan. Ou unha profe dunha materia científica que ofrece os seus recreos para ler cos rapaces, ou alguén novo que quere axudar e que conta todo o que  fixo noutros centros. E brillan os seus ollos.  A verdade que na época do desánimo educativo (porque non sei se é que eu xa o levo dentro, ou é que está no meu centro) cando vexo "caer no campo de batalla" a compañeiros que parecen perder a ilusión e empezan a automatizarse, a non querer sentir, nin compartir,  eu sigo agarrándome aos libros como unha taboa de salvación. Aos libros  e as xuntanzas con outros centros, e a comer pizza nun aula falando dun libro, e as ceas de profes que tanto gozamos. E máis que nada agárrome  aos ollos dun único neno que queira LER. 
Por iso, estou satisfeita do noso pequeno traballo do anterior trimestre, e do pasado e deste (nuns días subirei un resumo). Estou cansa pero contenta de conseguir casi pechar un curso máis, aínda que non sexa con grandes adornos e foguetes, seguir esta pequena corrente lectora. 
Son malos tempos non só para a lírica, pero hoxe non teño ganas de tirar a toalla, aínda que con pouca forza, AQUÍ ESTAMOS.
E mañá... xa se verá.

sábado, 1 de abril de 2017

ALÁ VAI OUTRO TRIMESTRE TOLO

Está claro que é necesario que alguén tome as rendas  deste blog porque non me dá o tempo para poder contar as actividades que facemos. 
Este é un pequeno resumo do noso vivir a lectura neste trimestre:
Como xa diciamos noutra entrada, estivemos a preparar as tertulias literarias que este instituto comparte con outros institutos da provincia. o grupo de alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato, leron As horas roubadas, da escritora María Solar. O grupo de cuarto de ESO e primeiro de bacharelato prepararon a súa tertulia en reunións na biblioteca os luns despois de xantar. Falamos moito do amor en distintas etapas da vida, dos malos tratos, da violencia de xénero, das aparencias...Todo situado nese inicio da democracia que eles xa perciben como parte da historia e non como realidade. Certamente, encántanme estas xuntanzas, porque creo que é onde mellor podo chegar a coñecer aos meus alumnos e alumnas... a lectura, sempre a lectura que rompe muros e acerca xeracións. 


O 1 de febreiro no salón nobre do Liceo de Ourense tiveron unha xuntanza coa escritora que ofreceu unha visión sobre a experiencia de escribir e aclarounos canto quixemos sobre As horas roubadas.


Ao día seguinte e debido ao gran número de participantes, dividimos os tertulianos en dúas salas. O noso instituto estivo con alumnado do IES Universidad Laboral, o IES As Lagoas e parte dos que viñan do IES Xulio Prieto Nespereira. 

  A tertulia estivo moi animada

E seguindo con XUNTANZAS, os nosos pequenos do club, de 1º de ESO,  foron xantar e a falar de libros cos rapaces do IES Xulio Prieto Nespereira. Tendo en conta o éxito acadado o curso pasado, decidimos repetir libro, Heka, un viaje mágico a Egipto. Pilar leva de marabilla este grupo de novos rapaces que se xuntan todos os mércores no segundo recreo.
                                                            Pizzas e xogos compartidos 
           
E premios de postre

Creo que quedaron con ganas de máis. Así que xa pensando como volver xuntar  rapaces e libros. 
E como este grupo é moi activo, xa están a ler o seguinte libro  Chamádeme Simbad de Francisco Castro con Pilar.
                                                        
                                    Só espero que teña o mesmo éxito que tivo o curso pasado

 Tamén o grupo de 2º e 3º seguiron lendo este trimestre. Tiñan ganas da segunda parte do que xa leran o curso anterior (Nunca seré tu héroe), así que tocou Héroe a mi pesar de María Menéndez Ponte. Tivemos algunhas xuntanzas os venres no segundo recreo, nas que cando aparecían uns non aparecían os outros, polo que de novo non quedou outro remedio que facer un almorzo un mércores a principios de marzo,  na hora de titoría. O libro non tivo tanto éxito como o anterior, pero si que sacaron moito do que falar: amores, estudos, relacións pais-fillos, medos, nazismo...  


                             Agora xa están esperando o seguinte libro, que vai para a Semana Santa. 


O caso é que tamén meteuse polo medio o día mundial da poesía, o 21 de marzo e tanto os grupo de segundo e terceiro, como o grupo de primeiro deixaron aparcada a vergonza. 
Os nosos alumnos de 2º e 3º escolleron poesías nun par de xuntanzas e despois,  os nosos escribas e pintores  fixeron "anuncios" para encher o aparcadoiro do Paco Paz e das inmediacións, os bares do entorno e o supermercado Día que temos ao lado. A verdade que hai que hai que ser todo un heroe para saír no recreo diante de todo o centro a poñer papeis nos coches. Pode que ler faga a xente doutra pasta.
  

                                      
                                   
A modo de anécdota, pola noite chegoume unha mensaxe dunha compañeira doutro centro que levara unha alegría inmensa ao atopar no seu parabrisas un poema e non unha nota por estar mal aparcada ou unha multa. Foi a constancia de que alegramos o día a alguén.
O grupo de primeiro tamén animouse a facer unha actividade, e buscaron poemas para compartir cos compañeiros do centro. A idea era regalar versos para que logo os subiran ás súas redes sociais. Así traballaron.

E así foi o resultado final

E como non podía ser menos, rematamos o trimestre coa cea de profes o día 31 de marzo. Mermadas as nosas liñas por viaxes e cansanzo trimestral, aínda así foi unha cea más que estupenda. Falamos dos libros que lidos Intemperie de Jesús Carrasco, que non deixou indiferente a ninguén.  En xeral, sorprendeu e gustou moito pero tamén houbo quen non foi capaz de rematalo. Para que vos fagades unha idea, neste  blog  podedes ler algunhas das ideas que tamén saltaron na cea. E tamén posturas contrapostas sobre Izan o da saca de Xabier Quiroga, hai a quen lle apasionou esta novela de misterio que conta o paso dos nazis pola nosa terra e a quen lle pareceu longa de máis e as veces rebuscada. 

                                            Eu quedo con ganas de facer o roteiro literario da novela.
                                         

                                           Houbo quen levou o cómic, adaptación de Javi Rey da obra

Esta cea levabamos outros deberes, un poema ou poemario dalgún autor que estivera de aniversario. E así tivemos o postre con versos de Dylan Thomas co que saíu a vea existencial. Con Gloria Fuertes, con poemas tan diferentes aos coñecidos infantís, un poemario onde podes atopar uns versos realmente íntimos, xunto con outros grotescos, tristes ou tremendamente alegres. E tamén houbo sitio para Miguel Hernández e un pequeniño libro aparentemente infantil moi ben editado. 

  
Unha cea realmente agradable aínda con ausencias que esperamos non falten o 19 de maio, con sesión teatral no Teatro Principal para ver a  estrea en galego de  As galas do defunto Valle Inclán a mans  do Centro Dramático Galego e logo cea para falar de Instruccións para tomar café de Manuel Núñez Singala e La séptima función del lenguaje de Lauren Binet (é para asegurarnos que Paloma vai vir co libro lido, ;))

venres, 23 de decembro de 2016

Un trimestre moi movido

Non tiñamos moito tempo para estar ao día co noso blog, porén estivemos tan activos coma sempre. Para mostra este pequeno resumo con algunhas fotos de algunhas das actividades que fixemos:

O grupo de 2º e 3º, que non deixou de ler en verán,  comezou con Maldita adolescente de María Menéndez Ponte.

Tivemos un par de almorzos porque unha sesión non chegou. E aínda pedían unha máis.  Este grupo é verdadeiramente lector.

O grupo de primeiro de ESO coñeceu as nosas sesións de terror por Samaín. Unha sesión terrorífica cunha audición de Poe. Algún non era quen de concentrarse esperando un susto detrás das cortinas. Agora os de segundo reclaman a súa sesión,  aínda que xa non sexa a data indicada. Estamos pensando nunha sesión especial para o día dos namorados.
Estes grupo dos pequenos do instituto tamén é moi activo. Leron con Pilar, a profe de francés,  o libro de  BOM de Mark Haddon. Todos os mércores no segundo recreo alá estaban na biblio.  Non temos fotos das sesións o que si temos é unha das súas sesións paralizadas.


Nesta montaxe, feita por Pablo García (2º ESO), tamén podedes ver  ao grupo de 2º e 3º co libro
O faro escuro de María López Sandez.  Deste libro non só tivemos sesións no insti, tamén fixemos unha estupenda xuntanza cos nosos compañeiros de IES XULIO PRIETO NESPEREIRA. Un almorzo divertido, con xogos , amigo invisible, debate.
       Serás quen de facer grupos de personaxes de O faro escuro? 
Os grupos funcionaron moi ben por ser dos dous centros.




Amigos invisibles de libros e tarxetas 


Unha xornada estupenda. A pizza inspirou o debate: "Fixo ben Carolina deixando ao rapaz? é bo o malo o fareiro? Xa estamos a escoller o libro para a próxima xuntanza. 

Os rapaces de 4º e 1º de bacharelato deixaron a súa lectura para este Nadal. Así que teremos que facer unha xuntanza en xaneiro de As horas roubadas de María Solar.



E non podía faltar a segunda cea de profes, aínda que con algunhas baixas por datas, gripes e demais. O sol do verán de Casares tivo os seus admiradores e os seus detractores. 

O noso  amigo invisible foi realmente variado
Para primeiros de febreiro temos Al Faro de V. Woolf e Izan o da saca de Xabier Quiroga.


E para rematar o ano, o 22 de decembro, fomos ao teatro uns poucos profes do club e os rapaces de 2º de bacharelato

      
A montaxe de El público de Lorca a mans do Teatro de la Abadía non deixou a ninguén indiferente.
Gustaríame que os meus alumnos comentaran que sentiron, que lles pareceu... Encantados sei que saíron e tamén polas fotos finais...
É lóxico que co guapos e guapas que son, Martiño Rivas quixera facerse unha foto con eles 
Sonreíde neniñas, pero sinto contarvos que ten algo que ver con Irene Escolar, que bordou a súa actuación como  Julieta na obra. 


E así chegamos a rematar un ano máis, pero ISTO NON É TODO, AMIGOS. Pronto volveremos que aínda temos moitos proxectos no forno.
Felices vacacións e moi felices lecturas. 


domingo, 15 de maio de 2016

ME HAN DEJADO PASMADA

Puedo asegurar que nunca me había pasado esto en el club de lectura, y ya llevo unos cuantos años. De hecho estoy empezando a pensar que tengo EL MEJOR GRUPO DE LECTORES de la provincia. Os cuento: hace poco más de tres semanas, empezamos a leer en la hora del club de los lunes este libro  Y empezaron a salir temas y temas: el estudio, los padres, el primer amor, la diferencia de sentimientos entre chicos y chicas, el botellón... 


Hacíamos lectura en alto y comentábamos. La verdad es que el comienzo les resultó tan interesante que ya no quisieron dejarlo. 
“Andrés, estudia. ¡¡Andrés-estudia!! Andresestudia… Andrés Estudia. Me llamo Andrés y me apellido Estudia. Me tienen harto, siempre con el mismo rollo. Mi madre, con tal de verme encima del libro y sin escuchar música, está contenta. Aunque esté pensando en las musarañas, es la leche. No entiende que yo pueda estudiar con música. Y no para de comerme la olla todo el día, que si tengo poca disciplina, que si no hago más que hablar por teléfono, que, si no tuviera a Valeria Mazza en la carpeta, me distraería menos. Más me distraigo en la clase de Rambo. ¿Cómo voy a atender si tengo delante a Belén, que es la tía más buena de la clase?"


Conseguimos los libros y nos pusimos a leer cada uno por nuestra cuenta... quedamos en leer únicamente cuatro capítulos para el viernes siguiente. Mi sorpresa fue que NINGUNO LO CUMPLIÓ...pero a diferencia de otras veces, TODOS HABÍAN LEÍDO MÁS DE LA CUENTA.
Vamos, que al segundo lunes querían el libro sí o sí. El caso, dos semanas después cuando teníamos que estar como mucho en el capítulo 15, la mayoría estaba acabando el libro. Y QUIEREN OTRO... de verda, en mi vida me había pasado esto. Por ello este miércoles tendremos una "tertulia desayuno" espero compensar dulcemente lo bien que me lo están haciendo pasar este año. Y estoy segura que traerán las cartas que les pedí. 
MIL GRACIAS

mércores, 16 de marzo de 2016

AS APARENCIAS ENGANAN:CHAMÁDEME SIMBAD


Neste libro de  Francisco Castro Chamádeme Simbad as aparencias enganan, principalmente  por dous motivos. O primeiro, polo seu aspecto, cando o entreguei aos meus alumnos/as de primeiro ciclo pensaban que tratábase dun libro infantil...Sabedes que os digo? ODIO AS ETIQUETAS DOS LIBROS, non creo nelas. Pode que teña dibuxiños, pode que o seu protagonista sexa un neno de dez anos, pode que sexa a súa mirada a que está no libro, pero será infantil ou non segundo a lectura que se faga, digo eu. Persoalmente deume moito mais que pensar que outros libros que len agora os meus alumnos/as. E iso lévame ao segundo motivo de que non todo é o que parece: cando o les daste conta que as cousas non son o que parecen (e non me refiro só a sofás que son barcos), as persoas non son o que parecen, os silencios non son o que parecen...Tócanse moitos temas interesantes, non só o do alzheimer, tamén  o traballo dos pais, o papel da muller na familia,  a dependencia dos adultos do móbil,  o que se sente e o que se mostra, a vida da infancia, da terceira idade...
Estou segura que imos ter unha reunión moi boa, porque estes meus alumnos/as de primeiro ciclo son lectores moi moi especiais e saberán sacar o mellor do libro.
Á volta das vacacións, o venres 1 de abril ás 10:10 falamos un chisco (e miramos quen levamos almorzos caseiros) e o  6 de abril ás 11.20 teremos a xuntanza,


Se queredes escoitar o principio do libro, aquí  tedes

luns, 14 de marzo de 2016

XUNTANZA DE CLUBS CON HEKA

O pasado luns, 14 de marzo tivemos unha boa reunión de clubs de lectura de primeiro ciclo da ESO. Os nosos alumnos/as e os alumnos/as do IES XULIO PRIETO NESPEREIRA quedaron para falar dun libro que leran á vez. Trátase de Heka: unha viaxe máxica a Exipto. Que saibades, que creo que xogabamos con vantaxe pois nós liamos un pouco cada semana, quedabamos os venres  e quen quería investigaba de distintas cousas de Exipto: que eran os xeroglíficos, que comían, como vivían, os deuses...ata algunha interesouse pola moda e os maquillaxes.
O caso é que quedamos no centro de Ourense, xa que cada instituto está nunha esquina da cidade e fomos xantar xuntos e despois de xantar fixemos un xogo de preguntas e respostas. Creo que quen mellor o pasou fomos Amala e mais eu (as profes). A cousa estivo moi emocionante pero o premio foi para Daniel e Marlen do Ferro Couselo e Cleia  do Preito Nespereira. Pero todo o bo acábase, así que tivemos que marchar. Esperamos ver pronto aos nosos compañeiros de lectura.

Heka vaise de xantar on PhotoPeach

domingo, 21 de febreiro de 2016

Heka, un viaje mágico a Egipto

Pois a verdade é que non está nada mal o libro que estamos a ler Heka. Un viaje mágico a Egipto.



Ademais imos aprender algunhas cousas de como vivían os exipcios, a súa forma de escritura, que comían, os seus modales, a vestimenta... Por agora estamos en fase de investigación. O luns que ven queira pode falar dun tema. 
En canto ao contido do  libro, algúns  xa teñen o libro rematado, pero aínda estamos a falar do capítulo tres. Non houbo acordo en quen debe ser o Faraón, uns están de lado de Tutmosis III e outras de Hatsesup. Houbo algún que prefire ir á guerra, xa directamente, porque di que é como vai a acabar todo. Non tivemos tempo de tocar un tema importante deste capítulo, a morte e a visión da morte que ten Tutmosis,  frente a visión que actual da morte. Para eso tamén teremos que investigar...quen quererá este tema?

sábado, 19 de decembro de 2015

OS NOSOS BALBINOS


Este ano o festival de Nadal estivo pero que moi animado. Non sabía eu que no noso centro tiñamos tantos e tantas aficionados á música e ao baile. E ese comezo do noso grupo de teatro, con tan pouco tempo de traballo, 5 rapazas ben teatreiras. E ata acro-sport, deixáronnos alucinados.
E non podían faltar os nosos rapaces do Club, que puxeron en escena a Balbino. Contamos coa colaboración de alumnos de 3º e 4º do Club´(Rebeca, Rayssa e José Manuel) que foron resumindo o argumento de Memorias dun neno labrego. No medio,  os nosos lectores, convertidos en Balbino, lían ante un público ben difícil (día de vacacións,  ponte ti a ler en alto, a ver que pasa)
Daniel presentou a Balbino: Eu son Balbino, un rapaz de aldea...
María, foi Balbino falando do valor da amizade con Lelo (Daniel) como lle dixera o seu tío (Rois)
Elba como Balbino e Laura como Andrés,  falaron das persoas maiores


Pablo foi quen de falar do amor de Balbino pola mestra (Marlene)



Noa fixo de Toño, foi o peche co principio de Cartas a Lelo


Teño que confesar que pasei moito medo...cando vin o salón cheo, e dinme conta de tooooooodo o rato que estes estupendos Lectores (si, con maiúscula) ían ler, pensei..."pasámonos, verás como non aguantan". Si que algún fixo o parvo (iso vai no guión) pero en xeral o respecto foi fantástico. Incluso sorprendeume á saída  os comentarios de alumnas de bacharelato, que lles gustara esta historia tan afastada de nós.
Gracias, rapaces.

venres, 20 de novembro de 2015

TERROR, MAREOS E LESIÓNS

Os rapaces do segundo ciclo e o profe de música non teñen igual ambientando situacións terroríficas. Chegar ao salón de actos entre incienso e música arrepiante, e os nosos axudantes tan metidos en papel, daba a ambientación perfecta.

Rayssa, Sofía, Rebeca y Jose Manuel traballando


Empezamos lendo(con medo e asco) a historia do Fornadas, que deixou aos rapaces preparadiños para o que viña
A lectura resultou do máis ¿relaxante?


Preparados para esa lenda urbana de Slenderman que case acaba en desastre, coa nosa Slenderman Sofía particular abafada e cun ferido por caída monstruosa. Ao final, por sorte todo quedou nun susto (moi apropiado) e unhas risas
Pobre Slenderman que acabou rodando


E rematamos cunha terrorífica historia basada (supostamente) en feitos reais. Da man da nosa contadora Rebeca que non escatimou paixón na súa posta en escea

Os rapaces empezaban a achegarse intrigados
Conxuro apropiado ata con pemente e non sei que máis





















Unha sesión estupenda. Haberá que repetir.