Amosando publicacións coa etiqueta cine y literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine y literatura. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xuño de 2017

OUTRO TRIMESTRE LECTOR



            Alá vai o curso e alá vai o noso pequeno resumo do que fixemos. Os pequenos de primeiro leron Chamádeme Simbad de Francisco Castro, e si, tivo o mesmo éxito que o curso pasado. Parece que as xuntanzas dos recreos dos mércores deron para bastante. 


  Non están todos os que leron o libro pero si leron todos os que están
             E como len rápido, aínda tiveron tempo de ler Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dhal, unha visión moi especial dos contos clásicos con Blana Nieves facendo autostop, Riziños de ouro e devorada por os tres osiños, Caparuchiña faise un abrigo de pel de lobo... Un bo fin de curso. Divertidísimo.
      Para este verán levaron 35 Kilos de esperanza de Ana Gavalda




          Os de segundo e terceiro tamén estiveron a ler, esta vez quedamos os mércores, ás 11:20: El extraordinario ingenio parlante del Profesor Palermo Jordi Sierra i Fabra.



          A nosa idea era facer outra xuntanza cos compañeiros do IES XULIO PRIETO NESPEREIRA, despois do éxito da última xuntanza. E tiñamos todo preparado (xogo, debate...) e no último momento non puido ser. Unha pena. Iso non significa para que non tiveramos a nosa xuntanza final.


 Faltáronnos algúns pola folga de transporte
            Pero o certo é que quedei ALUCINADA con esta xuntanza, a profundidade dalgunhas reflexións, as descricións que fixeron do pequeno extraterrestre Klatuu, para mostra este debuxo de Luísa.
Klaatu en brazos do profesor Palermo e admirado por Gustav
         Os derroteiros por onde foron estes non tan pequenos lectores, que saben falar de realidades diferentes. Foi animado o debate sobre se é mellor unha sociedade con sentimentos ou sen eles. Tanto deu de si que acabei falando de distopías como a de Fahrenheit de Ray Bradbury,  e cal foi a miña sorpresa que quixeron lelo para o verán. Iso que expliquei que xa non era literatura xuvenil, que ía ser máis difícil. Deu igual. Que orgullosa estou deste grupo. 

          E non podían faltar os club de profes que non se conformou cunha cea, o 20 de maio, na que se falou de  Instrucións para tomar café de Manuel Núñez Singala e La séptima función del lenguaje de Lauren Binet. 

           Pero antes de ir de cea foron o teatro. O Centro Dramático Galego, baixo a dirección de Marta Pazos fixo a primeira adaptación ao galego de Martes de Carnaval de Valle Inclán . Que levantou verdadeiras paixóns: sorprendente, innovador, chamativo...fíxose curto.
          E da conversa posterior sobre  a montaxe e o texto en si, saiu a seguinte lectura Un conto gallego de Rosalía de Castro. Tratábase de buscar similitudes con A filla do capitán. E ter unha disculpa para outra comida, antes de marchar, onde pechar  tamén definitivamente as lecturas para verán. O conto foi moi discutido, algúns  non tiñamos moi claro a autoría do mesmo, incluso houbo moi diversas interpretacións do sentido. E para rematar as lecturas do verán: Patria de Aramburu e O Anxo Negro de Manual Gago. E como optativos Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira e Ostracia de Teresa Moure. Así de tolos estaaamoooos. 
Non temos foto dos comensales pero si da estupenda sobremesa


sábado, 26 de outubro de 2013

P.C.P.I y la ley de la calle.

Nunca pensé que la forma de mantener la clase de PCPI tranquila pudiese ser a través de la lectura. Ahora me pregunto si mantendréis el interés por saber qué le pasa a Rusty James y al chico de la moto. ¿Por qué tendrá tanto miedo a estar solo Rusty si aparenta no tener miedo a nada? ¿Por qué se ha hecho tan amigo de Steve siendo tan diferentes? ¿No os parece un poco misterioso el chico de la moto?
El otro día hicisteis la descripción de los personajes, os dejo aquí el tráiler de la película. A ver qué coincidencias y diferencias encontráis con lo que vosotros habíais pensado.

 
Ya sabéis, si conseguimos leerlo entero, vemos la peli.

mércores, 15 de maio de 2013

Letras galegas 2013

Imaxe do calendario sobre Vidal Bolaño
elaborado polo ENDL  do
 IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia)

Este ano o día das letras galegas é un día triplemente especial. Coma todos os anos, naturalmente, está dedicado a un escritor en galego en particular, e xa sabedes que este ano lle tocou ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, do que espero que teñades estudado moito para o concurso que faremos no instituto.
.
Pero ademais, celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, o libro de Rosalía de Castro en honor do cal se escolleu o día para esta celebración, e do cal tamén vos ofreceremos unha mostra no acto de mañá.
E por se iso fose pouco, coincide tamén co 50 aniversario da creación do Día das Letras Galegas, cuxa primeira edición se celebrou, como xa imaxinaredes, no centenario da publicación de Cantares.
.
No club de lectura, ademais de colaborar co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística na preparación do acto que terá lugar no instituto a última hora da mañá, decidimos centrarnos este ano nun par de manifestacións artísticas nas que a literatura se mestura con  outras formas de expresión.
.
O cómic galego é un xénero puxante e prestixioso dentro e fora de Galicia, como podes comprobar neste artigo de El País  de fai xa catro anos. Amalia, unha das membros do club de profes que andan agora espalladas pola cidade, enviounos este boletín de recomendacións, que recibiredes tamén e papel:


Por outra banda, no club de lectura decidimos iniciarnos na arte da “doblaxe” coa adaptación ao galego dunha curta de Tim Burton Vincent. 
Un corto que fala precisamente da influencia da literatura na vida: Vincent Malloy, coma un moderno Quixote, le tanto que remata por non diferenciar moi ben as súas fantasías da realidade. Só que el non le libros de cabalería; non, el é un fervente afeizoado ás terrrrrroríficas historias de Edgard Allan Poe, algunhas das cales foron interpretadas no cine por un actor chamado Vincent Price.



martes, 16 de outubro de 2012

Marjane Satrapi

A semana pasada o Cineclube Padre Feijoo, que xa está de volta todos os mércores, proxectou a película Poulet aux prunes (Pollo con ciruelas, en castelán), de Marjane Satrapi, baseada no comic do mesmo título (e da mesma autora). E alá que nos fomos tres profes do club, que pasamos unha velada estupenda con esta historia tenra e á vez dramática, impecablemente interpretada e cunha posta en escea deliciosa.


Marjane Satrapi (Irán, 1969) fíxose famosa con Persépolis, un dos dous cómics que todo o mundo, mesmo aqueles que abandoaron este xénero coa infancia, ten lido (O outro é Maus, de Art Spiegelman). Persépolis é unha obra autobiográfica, que conta a vida da autora dende o momento en que, cando ela tiña 10 anos, os integristas se fixeran co poder no seu país. As vicisitudes de Marjane no seu país e en Europa, onde ven a estudar, teñen sempre como transfondo a difícil situación de Irán, o fundamentalismo, a guerra, as dificultades da muller no mundo árabe pero tamén as dificultades  derivadas do "choque de culturas" que a protagonista enfronta en occidente. Ademáis do contido, foi moi comentado o particular estilo en branco e negro das viñetas, que caracteriza os libros máis coñecidos da autora.
Un deseño moi persoal que se mantivo na adaptación para o cine, unha película de animación realizada no 2007 que tivo case tanto éxito coma o comic.



Nunha liña similar a Persépolis está Bordados, que se presenta, en certo sentido, coma unha "continuación" do anterior: de volta en Teherán, Marjane, a súa avoa e sete mulleres máis, mentres durmen os seus maridos, manteñen unha longa conversa que nos permite coñecer, máis alá de simples estereotipos, múltiples aspectos da vida das mulleres árabes: as súas inquedanzas e sentimentos, as súas opinións e as diversas experiencias vitais, en certo sentido diferentes ás occidentais pero noutros moitos sorprendentemente universais.

Menos coñecido, El suspiro preséntase coma unha "fábula ilustrada", na que o texto vai combinado con debuxos á maneira dos libros infantís. Neste caso, Marjane Satrapi abandoa o branco e negro para relatar a historia dun comerciante que, nun dos seus viaxes, non puido traer á unha das súas fillas o regalo que ela lle pedira. As queixas da rapaza atraerán a un misterioso personaxe, "Ah", co que Rosa, e nós con ela, aprenderá o valor dos sentimentos.

En Ajdar, un conto dirixido esta vez aos máis pequenos (ainda que os maiores tamén o len con agrado), cóntasenos a historia dunha nena, Matilde, que terá que viaxar ao centro da terra para restaurar a orde que un misterioso temblor alterou.



Tamén vai dirixido aos máis pequenos o conto Los monstruos tienen miedo a la luna, unha historia na que María deberá loitar contra tres monstruos que lle asaltan pola noite. Para elo, a nena decide baixar a lúa á súa habitación, pero esa acción provoca un caos na cidade ao que terá que poñer remedio.

sábado, 25 de febreiro de 2012

A literatura tamén está nos Oscars

Mañá, 26 de febreiro, os afeizoados ao cine celebramos a gran festa de todos os anos: a entrega do máis celebre dos galardóns adicados ao séptimo arte, os premios da Academia de Cine estadounidense, popularmente coñecidos coma os "Oscars".
.
Como forma de ficción, o cine mantén dende as súas orixes unha estreita relación coa literatura, relación que se pon de manifesto unha vez máis este ano, dada a cantidade de películas nominadas que teñen como base unha obra literaria: non só as nominadas na categoría "mellor guión adaptado" (Los descendientes, La invención de Hugo, Los idus de marzo, Moneyball: rompiendo las reglas e El topo), sinon tamén moitas das que acaparan as nominacións noutras categorías: Criadas y señoras, Tan fuerte, tan cerca, War Horse... En fin, a lista é longa así que limitaremonos a destacar un par de historias que xa foron grandes éxitos como libros: Millenium, los hombres que no amaban a las mujeres, e Harry Potter y las reliquias de la muerte. Se queredes saber máis e vos atrevedes co catalán (non é tan difícil!), podedes consultar a lista completa en L'illa des llibres.
.
Seguro que todas esas películas son estupendas e dignas merecedoras dos premios que se repartirán mañá. Entre todas elas, esta historia que vos ofrecemos a continuación (nominada na categoría de "mellor curtametraxe de animación"), fai unha fermosa homenaxe á Literatura. Segundo a presentación oficial, "a historia da xente que adica a súa vida aos libros e á que os libros lle devolven o favor", unha "alegoría sobre o poder curativo das historias". Chámase The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore, e foi dirixida por William Joyce e Brandon  Oldenburg, con guión do primeiro.
. 
Non a perdades!!!