xoves, 14 de xuño de 2012

E ti, que les?



As compañeiras que asistiron o sábado pasado á Xornada deClubs de lectura, en Santiago, faláronnos desta interesantísima iniciativa da Organización de Estados Iberoamericanos, en colaboración cos Ministerios de Educación de varios países, que nos permite coñecer a lectores da vosa idade dun montón de países. Chámase ¿Qué estás leyendo?, e ponnos en contacto cos blogs de lectura de moitos adolescentes do mundo iberoamericano. Para saber en que consiste, clica aquí  
 
En O galego do quinto tedes enlaces a algúns dos blogs que participan nesta iniciativa, e na páxina principal do proxecto podedes accedar a moitos máis. Faredes unha apaixoante viaxe por gran parte do mundo a través dos ollos destes lectores internacionais, que vos permitirá coñecer os seus intereses, preferencias e opinións, e descubrir que, como reza o título do blog arxentino de  Nerina, Rocío, Gisela y otros, “Los adolescentes también leemos… aunque usted no lo crea”. 

Eu, naturalmente, xa o fixen. O primeiro que me chamou a atención foi atopar, en medio de tanto lector, un blog titulado ¿Odias leer?. En realidade este título é un truco moi enxeñoso de Daniel, de Ecuador, para convencer aos non-lectores de que o único que lles pasa é que ainda non deron co libro axeitado. ¡Con música e todo!  A quen non tén que convencer é á súa compatriota Paulina, unha auténtica devoralibros que, no seu blog Estoy leyendo nos proporciona un montón de recomendacións.
 

Sarahi, dende México, creou un blog centrado no mundo da literatura xuvenil que me gustou moito pola sinxeleza do deseño, que invita á lectura, e polo concreto das súas observacións. Chámase ¿Qué puedo leer? 
Pola súa banda, Julia (Uruguay) cree que “leer nos regala mucha compañía, libertad para ser de otra manera y ser más” O que me chamou a atención do seu blog foi a impresionante variedade das súas lecturas, entre as que podes atopar poesía, teatro e mesmo un chisquiño de "filo-Sofía", novelas xuvenís coma Harry Potter xunto a escritores clásicos coma García Márquez.
Liliana lamenta a falta de hábito de leer na República Dominicana, que relaciona moi sensatamente con algunhas carencias do seu país. Pero parece que hai unha xeración disposta a cambiar esta situación, porque, sendo un país bastante pequeno, xa teñen 10 blogs participando no concurso. Entre eles, algúns en inglés, como A Little read is never enough,obra dun fervoroso fan de Harry Potter.


Pero o mundo iberoamericano non só fala español, nin inglés. Hai sitio para Portugal, país no que ainda non se animou a participar ninguén. Si o fixeron dende Brasil, por exemplo, os alumnos de 7º (que curso será ese?) que crearon Furacao de leitura, ou  José Eduardo.


Parece que os adolescentes de todo o mundo teñen máis cousas en común do que podería parecer, non si? Confírmannolo Antonio David y María, que dende un recuncho de África no que se fala bastante español, Guinea Ecuatorial, nos descubren que eles tamén len libros de autores que tamén a vos vos resultarán familiares, coma Laura Gallego ou Federico Moccia.

Non vos apetece entrar a formar parte desta comunidade internacional? 

Eu, se tivese a vosa idade, xa estaría facendo comentarios nos blogs que máis me gustasen (os que tedes blog xa sabedes a ilusión que fai que che comenten, e se é xente doutros países nin che conto). E tampouco tardaría moito en animarme a crear o meu propio blog, non tanto para concursar (este ano xa non se pode, pero para o que vén…), como para formar parte desta fantástica comunidade chea de nacionalidades diferentes e poder facer amigos polo mundo adiante.
Ademais, se non vos sentides moi seguros porque nunca antes o fixestes, sempre podedes buscar un grupiño de amigos para crear un blog colectivo, como fixeron Mariana y David (Perú), ou Milagros, Florencia, Diana, María José, Macarena, Rocío, Victoria, Luciano… (Argentina). Como ben din  Patricia, Catalina, Constanza y Sofía (Chile),  LEER NOS UNE.



As instruccións e consellos para crear o voso blog podédelos atopar na mesma páxina, clicando sobre a pestaña Ideas. Xa vedes que se pode facer en varias linguas, pero… aínda non hai ningún en galego!! Alguén se apunta a ser o primeiro?

domingo, 3 de xuño de 2012

Lorenzo Silva


Lorenzo Silva, el 30 de mayo en el Liceo de Ourense
Lorenzo Silva comenzó la charla a la que asistimos el pasado día 30 hablando de la importancia que tiene para él encontrarse con los lectores, porque el oficio de escribir, aunque tenga como finalidad fundamental la comunicación, se realiza la mayor parte del tiempo en soledad. Pensaba yo, mientras tanto, que también la lectura se realiza, mayoritariamente, en soledad. A no ser... ¡que te apuntes a un club de lectura! Y allí estábamos, un escritor y un puñado de lectores compartiendo, además de la obra, un espacio: el Liceo.
 .

Alumnos del centro en la tertulia del 18 de abril
 Ha pasado ya algo más de un mes desde que algunos alumnos y alumnas de nuestro centro pusieron en común su lectura de "La estrategia del agua" con alumnos y alumnas de otros centros orensanos, y, por fin, pudimos compartirla también con su autor. Un autor que nos habló de su visión de la literatura como "ventana" a otros lugares, al conocimiento, pero, sobre todo, a la realidad. Porque la realidad, como la novela policiaca, está llena de misterios. Y además, nos dijo, porque una sociedad se retrata, también, por sus delincuentes, por cómo investiga sus crímenes, por cómo imparte justicia.

Y, así, en las novelas protagonizadas por Bevilacqua y Chamorro, como esta que hemos leído, se cuela la realidad española desde el nombre del protagonista, hasta temas de actualidad como la crisis económica, las relaciones entre hombres y mujeres, la paternidad o la justicia, pasando por las acciones (La estrategia del agua está basada en hechos reales), la evolución del país (los protagonistas y su entorno van evolucionando de acuerdo con el paso real del tiempo de las publicaciones) o los diferentes lugares en los que se desarrollan las novelas (los protagonistas de la novela pertenecen a un cuerpo especial de la Guardia Civil, que investiga crímenes en toda España. En lugares, según Lorenzo Silva, que ellos tienen que explorar, como forasteros)
 El autor nos habló también del trabajo de la Guardia Civil y de la justicia, temas que demostró conocer en profundidad. No en vano trabajó como abogado antes de poder dedicarse a la escritura, que era su auténtica vocación pero de la que durante un tiempo pensó que no podría vivir.

En fin, una conferencia que mereció la pena. Para los que os la perdisteis (¡conste que estábais todos invitados, eh!), Begoña ha tenido la gentileza de grabar algunos fragmentos.