Mañá, 26 de febreiro, os afeizoados ao cine celebramos a gran festa de todos os anos: a entrega do máis celebre dos galardóns adicados ao séptimo arte, os premios da Academia de Cine estadounidense, popularmente coñecidos coma os "Oscars".
.
Como forma de ficción, o cine mantén dende as súas orixes unha estreita relación coa literatura, relación que se pon de manifesto unha vez máis este ano, dada a cantidade de películas nominadas que teñen como base unha obra literaria: non só as nominadas na categoría "mellor guión adaptado" (Los descendientes, La invención de Hugo, Los idus de marzo, Moneyball: rompiendo las reglas e El topo), sinon tamén moitas das que acaparan as nominacións noutras categorías: Criadas y señoras, Tan fuerte, tan cerca, War Horse... En fin, a lista é longa así que limitaremonos a destacar un par de historias que xa foron grandes éxitos como libros: Millenium, los hombres que no amaban a las mujeres, e Harry Potter y las reliquias de la muerte. Se queredes saber máis e vos atrevedes co catalán (non é tan difícil!), podedes consultar a lista completa en L'illa des llibres.
.
Seguro que todas esas películas son estupendas e dignas merecedoras dos premios que se repartirán mañá. Entre todas elas, esta historia que vos ofrecemos a continuación (nominada na categoría de "mellor curtametraxe de animación"), fai unha fermosa homenaxe á Literatura. Segundo a presentación oficial, "a historia da xente que adica a súa vida aos libros e á que os libros lle devolven o favor", unha "alegoría sobre o poder curativo das historias". Chámase The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore, e foi dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg, con guión do primeiro.
.
.
Non a perdades!!!