Vaia, tanta recomendación para os alumnos e nin unha mísera reseña sobre as lecturas dos profes, co voluntariosos e ben mandados que eles son! Se é que....
En fin, non vos podo contar moito sobre a nosa última cea porque xa pasou un mes e a verdade é que non recordo moito dela.
Se para falar de El chino escollemos un restaurante chino, esta vez o dilema estaba entre un americano (Firmin) ou un italiano (El barón rampante). Non vou negar que a idea de celebrar unha cea literaria nun Burger King resulta moi atractiva no que ten de iconoclasta, pero os nosos padales e os nosos estómagos negáronse en redondo, así que volvemos á vella tradición dos acolledores restaurantes italianos.
Alí comentamos os dous libros escollidos para esta derradeira cea do curso, que parece que non despertaron demasiado entusiasmo. A ver se vos gustan máis as propostas que se fixeron para septembro:
- Os nomes do traidor, de Xurxo Sierra Veloso, unha novela que xa se propuxera varias veces e que, por algunha estraña razón, aínda non saíra elexida. A verdade é que xa ía sendo hora de ler algo dun compatriota, e esta obriña, seguro, vai dai moito que falar.
Se vos sabe a pouco, podedes consultar tamén o blog do autor, Irónico a tiempo parcial.
Se vos sabe a pouco, podedes consultar tamén o blog do autor, Irónico a tiempo parcial.
- Mil soles espléndidos, de Khaled Hosseini, unha novela moi éxitosa (creo que ata van presentar pronto a película), que nos leva ata Afganistán, un país do que se fala continuamente pero que, no fondo, non coñecemos demasiado ben. Clicando no enlace accederedes a un blog creado por dúas alumnas de filosofía que vos pode dar moitas ideas para debater.
Así que xa sabedes, entre todas esas lecturas que ides facer este verán (coñecéndovos, seguro que han ser moitas), reservade un ratiño para estas dúas que facemos en común e que comentaremos xusto á volta das vacacións.
E, sobre todo, feliz verán!!!