mércores, 21 de decembro de 2011

Libros para vacacións

Por fin estamos de vacacións!!
Despois deses duros días de exames e notas, chega o momento de relaxarse e disfrutar dun montón de tempo libre! E que mellor para encher eses ratos mortos entre turrón e turrón que un bo libro?
Por se non tedes ainda moi claro que ler este nadal, aquí vos deixo as sempre acertadas recomendacións da nosa experta en literatura xuvenil, Amalia.

lecturas_recomendadas_1º_2º_eso_nadal_2011
lecturas_recomendadas_3º_4º_eso_nadal_2011

luns, 21 de novembro de 2011

De cena

Decidido: la gente que lee, vive más.
.
Los buenos lectores son gente abierta al mundo, curiosa y activa, que siempre tiene un montón de cosas que hacer. Por eso fue difícil encontrar una fecha para la cena del club de profes, y al final ya no pudimos esperar más. Pero, aunque pensamos que un 18 de noviembre la gente no estaría muy ocupada, muchos de vosotros no pudisteis asistir.

En fin, compensamos las ausencias gracias al reencuentro con un par de antiguas compañeras y a una nueva incorporación, cuya juventud nos trajo un aire más fresco que nunca, y que enriqueció nuestras observaciones sobre El frente ruso porque nos pudo dar datos muy fiables sobre el país en el que tiene lugar la novela, que también es el suyo. De todos modos, descubrimos que no somos tan diferentes, porque todas habíamos encontrado similitudes con nuestro entorno, con nuestra vida y con nuestros semejantes.
.
Después de la conversación, tocaba decidir la nueva lectura. Hicimos nuestras propuestas, que esta vez no voy a dejar aquí para daros la ocasión de que nos las recordéis en los comentarios, e incluso repasamos, gracias a las anotaciones de Amalia, algunas de las que se hicieron en encuentros anteriores y que no llegamos a leer. Finalmente, nos decidimos por Sunset Park, de Paul Auster, porque Paul Auster le gusta a todo el mundo y porque se puede leer en gallego (Galaxia), castellano (Anagrama), francés (Actes sud), o en su lengua original, el inglés (hace unas semanas lo tenían en la librería Nobel, así que no debe ser difícil de conseguir). Y, como empieza a ser ya demasiado habitual, se propuso también la lectura de un segundo libro (¡la oposición de las vagas, bueno de La Vaga, no pudo con estas profes tan exigentes!). Afortunadamente, dicen que este es más cortito (¡habrá que verlo!): se trata de 84, Charing Cross Road, de Helene Hanff,  y parece que podemos conseguirlo a través del programa Libros a eito, así que no os apresuréis a comprarlo todavía.
.
Además, concertamos la próxima cena para el viernes 13 de enero, así que id planificando vuestras múltiples ocupaciones para poder asistir esta vez. No diréis que esta vez no avisamos con tiempo, ¿eh?
.

.
Acordaos de dejar en los comentarios las otras sugerencias que se hicieron, no vaya a ser que a alguien no le llegue con esas dos lecturas.




domingo, 13 de novembro de 2011

Máis maneiras de compartir lecturas



Cada ano descubrimos un novo xeito de compartir as nosas lecturas e recomendacións. 

Unha das que vimos de poñer en marcha para este curso (e agardamos que para os seguintes) é a creación da NOSA PROPIA WIKI sobre os libros que leamos ou queiramos ler. A diferencia do blog, onde a maioría de vós tedes que limitarvos a comentar as entradas que facemos os administradores (porque doutro xeito sería un auténtico caos), a wiki ofrece a posibilidade de que todo o mundo cree a súa propia reseña, recomendación ou comentario do libro que queira.

Trátase dunha tarefa colectiva, na que nos gustaría que participase o maior número de membros do club (e mesmo do instituto) que sexa posible. Así que vos animamos a que entredes, vos enteredes de que vai, e solicitedes XA a vosa afiliación para comezar a participar.



E ademáis, o club xa ten tamén a súa conta no TUENTI, agardando recibir moooooitas solicitudes de amistade para seguir construindo unha comunidade cada vez máis forte en torno aos libros. Búscanos, o noso nome é Clublecturaferro As Catro Esquinas.

Así que este ano (se vós queredes, claro) 
podemos estar
  MÁIS CONECTADOS CA NUNCA!

xoves, 10 de novembro de 2011

Formando lectores

Seguindo a estela de centros coma o CEIP Mestre Goldar, de Vigo, ou o IES de Sanxenxo, este ano decidimos traer a Barbadás esa fermosa iniciativa dos Padriños e Madriñas Lectores.
 .
Xa sabemos que vos encanta rememorar os anos que pasastes moitos de vós no Filomena Dato, reencontrarvos cos vosos profes e compartir a vosa experiencia con eses alumnos que eran uns cativos cando vos fostes, e que cada ano están un pouco máis crecidiños.
 .
Así que hoxe recibimos aos alumnos de 6º de Primaria para coñecernos e decidir os grupos de padriños, madriñas e afillad@s. Coma sempre que colaboramos con outro centro, a experiencia foi incriblemente satisfactoria. Cada afillad@ recibiu do seu padrino ou madriña un libro que, cando tiña 11 anos, lle deixara unha pegada especial. Tamén conversamos sobre os nosos gustos, compartimos anécdotas e curiosidades, e intercambiamos correos electrónicos para poder manter o contacto.




Seguro que deste encontro, e dos que seguirán, nacerá máis dunha relación que vai ser moi especial. Xa vos iremos contando como evoluciona esta actividade.
.
Mentras tanto, agardamos que nos contedes nos comentarios como está sendo esta experiencia, e mesmo que convenzades aos vosos afillad@s para que se pasen por aquí e nos deixen unhas palabriñas. 

sábado, 29 de outubro de 2011

Mini clubes 2011-2012


Xa está todo listo para que nas próximas semanas comecen a funcionar os "clubes dentro do club". Grazas a colaboración dun grupo cada vez máis numeroso de profesoras, esta actividade permitirá que se podan facer lecturas simultáneas en diferentes niveis, adoptándonos ás diferentes idades e intereses.
.
Na primeira parte deste curso, as lecturas serán as seguintes:


Sonia volverá a coordinar o grupo de lectura de 1º de ESO. Recordades que o ano pasado estaba formado só por chicos? Pois parece que este curso van ser ... todas rapazas! Que cousas! Leerán un libro que parece moi, moi interesante: O pequeno señor Paul, de Martin Baltscheit e ilustrado por Ulf K. Conta unha serie de aventuras cheas de fantasía vividas por un lector empedernido. E é que os libros, ben o sabemos, poden darlle unha dimensión sorprendente as nosas vidas!




Mentras tanto, os antigos "rapaces de Sonia" agora están en 2º da ESO. Eles, e algún máis, leran, coordinados por Amalia, un relato de An Alfaya, O caderno azul.  Nesta emotiva novela, a protagonista, Anxélica, vainos contar os seus sentimentos ao longo dun ano, que anota nun caderno regalado polo seu avó.
 Querido caderno azul, vou bordar nas túas follas ensoños e lembranzas, páxinas de alegría mesturadas de inquedanzas, camiños descoñecidos que conducen á esperanza...


Pola súa banda, Ana González, profesora de galego, compartirá cun grupo de alumnos de 3º e 4º a lectura de El palacio de la medianoche, de Carlos Ruiz Zafón. 
 Nunca podré olvidar la noche en que nevó sobre Calcuta.El calendario del orfanato St. Patrick’s desgranaba los últimos díasde mayo de 1932 y dejaba atrás uno de los meses más calurosos que recordaba la historia de la ciudad de los palacios.

Outros alumnos de 3º de ESO leremos O diario vermello de Flanagan y O diario vermello de Carlota. Uns libros que responden a preguntas moi "íntimas" que algúns xa empezan a facerse... 
Estamos indagando a maneira de compartir a lectura a través da web, pero non acabamos de poñernos de acordo coa fórmula: foro? blog? tuenti? En fin, xa vos iremos contando...



Finalmente, os alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bac volverán a participar nas tertulias do Liceo, onde poderán comentar con alumnos doutro centro a obra Futuro imperfecto, de Xulia Alonso, na que a autora relata a súa tráxica historia real. Unha historia de amor moi emotiva na que o final non é feliz. Non, non estou desvelando nada, o final xa nolo dá ela nada máis empezar. E é que iso non é o importante, as historias de amor non se miden pola duración: acaben como acaben, xa ninguén poderá quitarnos o que sentimos mentres duraron.


venres, 7 de outubro de 2011

Mens sana in corpore sano


Non teño nada que engadir. Cando fala un Premio Nobel, excelente escritor, cidadán comprometido, ser humano lúcido, sensible e xeneroso, as palabras dos demáis sobran.