sábado, 4 de febreiro de 2012

Encontros coa protagonista


Poucas veces temos a ocasión de entrevistar ao protagonista do libro que lemos. Ese foi o privilexio que disfrutamos os participantes nas tertulias do Liceo o pasado día 26, despois de ter lido, e comentado, o libro Futuro Imperfecto, de Xulia Alonso.
Nesta emotiva “novela”, concebida inicialmente para a súa filla Lucía, a autora narra unha experiencia real, a historia de amor que viviu co seu marido, marcada primeiro pola adicción ás drogas e logo pola durísima experiencia da SIDA, que Nico, o outro protagonista, non conseguiu superar.
.
O pasado xoves, da man da autora-protagonista, conseguimos entender mellor ese proceso, que nos impresionara xa durante a lectura da obra, pero aínda máis ao poder coñecer persoalmente a esta muller. Menuda pero tremendamente aplomada, Xulia respondeu con precisión e honestidade, sen evadir ningún tema, ás preguntas dos alumnos, e aclarou moitos dos aspectos que nos intrigaron nas tertulias previas. Os alumnos e alumnas, pola súa banda, plantexaron cuestións intelixentes que deixaron ben claro ata que punto conseguiran, máis alá do que lles poidera gustar o libro, implicarse na lectura, analizar e valorar acertadamente tanto a novela como as experiencias vitais que agocha.
.
De feito, as profesoras xa quedaramos moi satisfeitas do desenvolvemento da tertulia, que tivo lugar o martes 24. Os alumnos e profesoras do Ferro Couselo compartimos a nosa experiencia lectora cos das Lagoas e os do Otero Pedraio. Partindo do libro, falamos de drogas, adiccións, relacións familiares, toma de decisións e, como non, de literatura. Houbo acordos, desacordos, visións similares e diferentes, comprensión e dúbidas sobre moitos aspectos da novela. Algunhas das nosas observacións foron confirmadas pola conferencia da autora, que tamén nos axudou a entender outros puntos que non acababamos de ver claros.
.
En resumidas contas, como soe pasar ao compartir lecturas, pero quizais con máis intensidade dado o carácter autobiográfico desta obra, conseguimos novamente ir ainda máis alá dela e recibir unha lección de vida. Porque detrás da literatura estamos nós, as persoas que damos vida aos libros compartindo a través deles as nosas vivencias, dándolles entre todos un significado que, moitas veces, vai moito máis alá do que está escrito.
.
Non vos perdades o vídeo (e os comentarios das profes) en O galego do quinto. Tamén podedes dar unha volta polos blogs dalgúns dos institutos que participan con nós nesta actividade: o IES Blanco Amor, o de Allariz, ou o Lagoa de Antela.



xoves, 19 de xaneiro de 2012

Un venres 13 nada desafortunado



Home, xa sei que para moitos alumnos unha mesa chea de profes e similares pode soar un pouco terrorífica ; ), pero nós, que non somos nada supersticiosos, escollemos esa data para celebrar a segunda cea do curso e conxurar todo tipo de malos augurios. Aínda que, ben pensado, pode que tamén sufriramos algunha que outra pequena “maldición”: a ausencia (só física, por suposto) da nosa Lectora Maior, por exemplo. Ou o desgraciado incidente da cámara de fotos, que nos impide ilustrar debidamente esta entrada. Pois vai ser que a sorte si existe.
.
De sorte, fortunas, infortunios e casualidades, precisamente, gústalle moito escribir a un dos autores elixidos, Paul Auster. Tal vez iso, combinado con esa persoal forma de escribir súa, sexa un dos factores que fai que os seus libros nunca decepcionen, aínda que a frecuencia coa que publica podería facer esperar unha maior irregularidade. Sunset Park tampouco o fixo, e, aínda que en diferentes grados (como non podía ser menos), recibiu dende simples aprobacións ata defensas entusiastas.
O mesmo se pode dicir da outra obra proposta, 84 Charing Cross Road, de Helene Hanff. A  algúns gustoulles moito, a outros bastante e mesmo houbo algunha que “nin fu nin fa”, pero todos conseguiron atopar algo interesante que comentar.
.
Iso si, tamén hai que recoñecer que moitos de nós chegamos á cea cun só libro lido. Tamén os profes, ás veces, se conforman cun simple aprobado. Pero non llo contedes a ninguén!
.
A próxima cita será a mediodía porque pensamos trasladarnos a Ponteareas, esa terra onde ninguén quere ser morcego. Leremos, esta vez, outras dúas novelas: a primeira é In vino veritas, de Francisco Castro, unha divertida parodia das novelas policiais, novela “furiosa”, novela de amor, crítica dos medios de comunicación, en palabras do seu propio autor, que podes escoitar neste vídeo. 
.
E estoutro vídeo é o que terás que ver se queres saber algo da segunda das novelas elixidas. Xa que vai de suspense…
.


Que? Estades impacientes por empezar a ler? Xa empezastes? Non sei, pero algo me di que estas dúas obras van dar moito que falar. 
A por elas!

mércores, 21 de decembro de 2011

Libros para vacacións

Por fin estamos de vacacións!!
Despois deses duros días de exames e notas, chega o momento de relaxarse e disfrutar dun montón de tempo libre! E que mellor para encher eses ratos mortos entre turrón e turrón que un bo libro?
Por se non tedes ainda moi claro que ler este nadal, aquí vos deixo as sempre acertadas recomendacións da nosa experta en literatura xuvenil, Amalia.

lecturas_recomendadas_1º_2º_eso_nadal_2011
lecturas_recomendadas_3º_4º_eso_nadal_2011

luns, 21 de novembro de 2011

De cena

Decidido: la gente que lee, vive más.
.
Los buenos lectores son gente abierta al mundo, curiosa y activa, que siempre tiene un montón de cosas que hacer. Por eso fue difícil encontrar una fecha para la cena del club de profes, y al final ya no pudimos esperar más. Pero, aunque pensamos que un 18 de noviembre la gente no estaría muy ocupada, muchos de vosotros no pudisteis asistir.

En fin, compensamos las ausencias gracias al reencuentro con un par de antiguas compañeras y a una nueva incorporación, cuya juventud nos trajo un aire más fresco que nunca, y que enriqueció nuestras observaciones sobre El frente ruso porque nos pudo dar datos muy fiables sobre el país en el que tiene lugar la novela, que también es el suyo. De todos modos, descubrimos que no somos tan diferentes, porque todas habíamos encontrado similitudes con nuestro entorno, con nuestra vida y con nuestros semejantes.
.
Después de la conversación, tocaba decidir la nueva lectura. Hicimos nuestras propuestas, que esta vez no voy a dejar aquí para daros la ocasión de que nos las recordéis en los comentarios, e incluso repasamos, gracias a las anotaciones de Amalia, algunas de las que se hicieron en encuentros anteriores y que no llegamos a leer. Finalmente, nos decidimos por Sunset Park, de Paul Auster, porque Paul Auster le gusta a todo el mundo y porque se puede leer en gallego (Galaxia), castellano (Anagrama), francés (Actes sud), o en su lengua original, el inglés (hace unas semanas lo tenían en la librería Nobel, así que no debe ser difícil de conseguir). Y, como empieza a ser ya demasiado habitual, se propuso también la lectura de un segundo libro (¡la oposición de las vagas, bueno de La Vaga, no pudo con estas profes tan exigentes!). Afortunadamente, dicen que este es más cortito (¡habrá que verlo!): se trata de 84, Charing Cross Road, de Helene Hanff,  y parece que podemos conseguirlo a través del programa Libros a eito, así que no os apresuréis a comprarlo todavía.
.
Además, concertamos la próxima cena para el viernes 13 de enero, así que id planificando vuestras múltiples ocupaciones para poder asistir esta vez. No diréis que esta vez no avisamos con tiempo, ¿eh?
.

.
Acordaos de dejar en los comentarios las otras sugerencias que se hicieron, no vaya a ser que a alguien no le llegue con esas dos lecturas.