venres, 29 de abril de 2011

Rompendo fronteiras


No noso instituto cremos que as linguas deben servir para unirnos, e non para separarnos. Por iso, dende o club de lectura decidimos emprender  a lectura trilingüe dunha pequena gran obra: na súa lingua orixinal (o francés), e nas nosas linguas maternas, galego e castelán.
O Principiño,  de Antoine de Saint-Exupéry, é unha das obras máis lidas e apreciadas por todo tipo de lectores en todo o mundo. E é que este pequeno libro, coa súa sinxela apariencia de fábula infantil, esconde tal cantidade de significados que  convirten cada lectura nunha experiencia nova e fascinante. Así o constata xente coma Mª Carmen, Mario, ou a  sra. Castro. Eles, como case todos os lectores adultos, resaltan que O principiño se debe ler varias veces ao longo da vida, e en cada ocasión un terá a sensación de estar a descubrir un libro diferente.
A suxerinte e tenra historia do entrañable protagonista vese salpicada por breves “sentencias”, que, sen interromper nin recargar o argumento, evocan ideas, sentimentos e reflexións nas que un lector atento pode  descubrir a importancia desas pequenas cousas que  fan máis rica a nosa vida e que ás veces, sobre todo de maiores, esquecemos. As recompilacións de frases deste tipo son moitas, pero podes facer boca lendo algunhas en páxinas como estaesta, esta, esta, esta ... Bueno, paro xa, non vou enlazar as 117.000 páxinas deste tipo que atopei co Google!! Ademais,  só a lectura completa da obra poderá descubrirche, se estás disposto, esa maneira pura e profundamente humana de vivir e de mirar o mundo.
Outro dos aspectos que se soe destacar de O Principiño é o feito de que sexa un dos libros máis traducidos  da historia, o que propicia que moitos “fans” se dediquen a facer coleccións das diferentes edicións. Un deses coleccionistas foi o escritor galego Carlos Casares (que tamén traduciu a obra ao galego), que nalgunha ocasión cedeu os seus exemplares para unha exposición.  Outra coleccionista menos coñecida, Fuencisla Gonzalo, tivo unha idea xenial : utilizar a literatura contra a guerra  financiando a publicación do libro nun dialecto afgano e conseguindo que o exército español repartise exemplares naquel país. Sen dúbida, a humanidade e a tenrura que desprende o libro son armas moito máis poderosas que calquera outra para loitar contra a intolerancia e a barbarie.
Outros admiradores dedícanlle cancións (de paso que escoitas esta, repara nas famosas ilustracións do propio autor, que aparecen en todas as edicións do libro): 

series de debuxos animados


películas

traballos académicos



E, por suposto,  o noso protagonista tamén ten os seus propios grupos no Facebook, como non!
Que terá o Principiño para provocar tanta fascinación? Queres empezar a  formar parte desta enorme comunidade de seguidores? Entón agardámoste os venres no segundo recreo, na nosa biblioteca. Será moi interesante compartir a visión de lectores de diferentes idades, dende os que se achegan a obra por primeira vez, coa mirada limpa dos 13 anos, ata a terceira ou cuarta lectura das profes de “taitantos”.
E, por suposto, tamén agardamos os vosos comentarios para empezar a animar este blog que vimos de poñer en marcha. Podedes seleccionar o voso fragmento preferido, as “citas” que máis vos impacten, comentar as impresións que vos vai producindo…. 
Eu vou comezar co principio do libro, toda unha “declaración de intencións” do autor. Como empecei cunha en francés e o post está en galego, esta vai en castelán:
A LÉON WERTH
Pido perdón a los niños por haber dedicado este libro a una persona mayor. Tengo una excusa seria: esta persona mayor es el mejor amigo que tengo en el mundo. Tengo otra excusa: esta persona mayor puede entender todo, hasta los libros para niños. Tengo una tercera excusa: esta persona mayor vive en Francia, donde pasa hambre y frío. Tiene mucha necesidad de ser consolada. Si todas estas excusas no son suficientes, quiero dedicar este libro al niño que este señor ha sido. Todas las personas mayores fueron primero niños (pero pocas lo recuerdan). Corrijo entonces mi dedicatoria:
A LÉON WERTH
CUANDO ERA NIÑO
Déixovos tamén un enlace a El tinglado, onde podedes ver a peli e atopar  actividades  coma esta  en torno á obra.


10 comentarios:

  1. Lin este libro na adolescencia. Teño recollidas varias citas do libro que me impresionaron e que marquei naqueles días. Algunhas son as habituais (a raposa e a explicación sobre domesticar), pero tamén sinalei estas dúas: " Eu non sabía nin que dicir. Sentíame moi torpe. Non sabía como chegar ata el, onde atopalo. É tan misterioso o país das bágoas!". E "Críame rico cunha flor única, e só posúo unha rosa corrente. Isto e os meus tres volcáns, que me chegan aos xeonllos, un dos cales quizais estea apagado para sempre, realmente non me fan un gran príncipe... E, tendido na herba, chorou". Unha obra moi importante, O Principiño, e moi tenra. Aconsélloa.

    ResponderEliminar
  2. Pois eu aconsélloche que a volvas ler: unha das cousas que máis me impresionou do Principiño foi volver lela fai un par de anos e descubrir que tiña aínda máis matices dos que recordaba (que xa eran moitos). Quedeime, por exemplo, coa historia do rei, que me parece moi suxerinte para o tema da autoridade, que ti xa sabes... Pero non imos dar pistas aquí, non vaia ser que se nos rebelen! Só darei a miña opinión nas reunións dos venres, en "petit comité".

    ResponderEliminar
  3. Tes razón, relerei a obra, porque desde a adolescencia xa choveu... E sei que esta obra non sofre o paso do tempo coma outras e non me desilusionarei ao non atopar alí o mesmo de entón. A verdade é que as miñas anotacións eran moi sentimentais ha ha ha!; supoño que o amor e a amizade, diferenciarse e perdurar son temas adolescentes atemporais :)

    ResponderEliminar
  4. Aún no hemos leído el libro, pero la 1ª canción (en francés) y los dibujos están muy bien, aunque parece que el libro va a ser algo infantil y un poquito repetitivo.
    Por cierto, esta primera reunión ha sido un fracaso por culpa del maldito examen de la siguiente hora :(
    Olga y Cristina

    ResponderEliminar
  5. No os dejéis engañar por las apariencias...
    Aunque sí, reconozco que parece un libro infantil (y he comprobado que es un libro estupendo para leer a los niños antes de acostarse) pero... ya veréis como en realidad de infantil tiene muy poco (o eso me parece a mí)
    Recordad la primera pregunta cuando hayamos terminado de leerlo ¿es un libro infantil? A ver qué opináis entonces.

    ResponderEliminar
  6. Mmmm. Yo creo que el propio Saint-Éxupéry describe su obra como libro "infantil", si tenemos que creernos su dedicatoria. Lo que no sé muy bien es si le da a esa palabra el mismo significado que vosotras. Así que mi primera propuesta para el debate sobre este libro va a ser precisamente esta: ¿qué entiende cada uno por "infantil"? ¿qué entendía el autor?
    Estos comentarios están dando mucho de sí, ¿no creéis? A mí, por lo menos, me están dando que pensar...

    ResponderEliminar
  7. ¡SE ME OLVIDÓ TOTALMENTE QUE HOY TENÍAMOS LECTURA DEL PRINCIPITO! LO SIENTO :(( ¿Cómo fue?

    ResponderEliminar
  8. très bien!!!!
    Empezamos fuerte, leyendo en francés, y comprobamos que es fácil de seguir, aunque no se entienda alguna palabra. Y que los chicos de 2º (al menos los que vinieron) ya se manejan muy bien en la lectura en francés. ¡La sección bilingüe marcha!
    LA PEGA: solo fuimos CINCO :( Para los que no vinieron, el viernes comentaremos los capítulos 1 y 2, hay que traerlos leídos.

    ResponderEliminar
  9. Bueno, bueno... aunque llegase tarde a la reunión de hoy, por lo menos llevé el pinchito de media mañana.
    Pero a lo nuestro... me encantó el comentario de Olga, reflexionando sobre cómo un niño y un adulto preguntan por cualquier realidad:
    - Nosotros no preguntamos por las cosas como lo hacen los niños, ni como lo hacen los adultos... nosotros preguntamos como adolescentes.
    - ¿Y cómo preguntáis los adolescentes, Olga?
    - Ah, eso no lo sé.
    Muy bueno, Olguita.
    Aunque me da que nos quedó un poco "vacío" el comentario del capítulo V. Vamos, que no profundizamos nada... por eso me gustaría retomarlo.
    ¿Por qué juzgamos por la apariencia a la gente? (acordaos del astrofísico)
    ¿Quién da más valor a las cosas atendiendo a su precio: los adultos o los adolescentes?

    ResponderEliminar