mércores, 1 de xuño de 2011

Os deberes dos profes


Lembrade que este venres, 3 de xuño, temos cea de profes.
Despois do lío da lectura, de se estaba ou non esgotado A concesión do teléfono, o cambio de lecturas e o final de curso, sei que hai alguén por aí que non ten un dos libros lidos pero espero que non faltedes. Hoxe no café alguén que xa está un pouco de baixón (é o que ten o fin de curso aos que traballan moito) dixo que non quere vir porque non sabe estar caladiña e se non leu o libro non pode falar tanto. Para iso está El Diario de Adán y Eva que ao ser pequeniño da tempo ata de repasalo. Váleche así, neniña?
En calquera caso, por se hai alguén que se anima a vir e non ten nada lido (por exemplo, as nosas magníficas colaboradoras Marosa e Sonia, que é impresionante o seu traballo cos rapaces) ten tamén a posibilidade de falar porque vou poñer uns poucos deberes.
Alá van:
-1º deber: A IMPORTANCIA DAS COUSAS (1ª PARTE). Tendes que levar calquera obxecto, que sexa importante para vós, co que vos identifiquedes ou que teña algún sentido na vosa vida, pasado, presente...Non o podedes ensinar a ninguén.
-2º deber: A IMPORTANCIA DAS COUSAS(2ª PARTE). Cada un ten que levar ben o caderniño de notas do club ou un papel e un boli. Cada un terá que asociar aos compañeiros/as cun obxecto determinado e logo... Xa o explicamos na sobremesa. Por agora ideo pensando (eu xa me estou a rir...)
-3º deber: A mellor frase de cada un dos libros que liches e o motivo (iso por agora, dos libros a ver se mañá ou o xoves pódovos entregar un guionciño)
-4º deber: Un poema a poder ser que fale ou da creación, ou de Deus (ou non Deus) ou de Adán e Eva, do valor dos obxectos, dos teléfonos...Admítense as creacións persoais.
-5º deber: Unha recomendación para o verán.
Estas son as miñas suxerencias PERO queda aberto para as vosas ideas.

8 comentarios:

  1. Hola ,soy Marisol : Me parece buena idea lo del objeto , complicado, pero lo buscaremos ; lo del poema ....no tan fácil , veremos lo que aparece ese día

    ResponderEliminar
  2. No hables con Paloma, que ya se está quejando de "todos los deberes que hay"

    ResponderEliminar
  3. Vale, oído cociña. Por obxectos será... teño para dar e tomar. Contade comigo para a cea, esta vez penso que poderei ir sen os apuntes de francés: o exame é ás 4!
    E Palomita ¡vaia blog chulo! Grazas
    Ata o venres, por se non nos vemos antes (jejeje)

    ResponderEliminar
  4. Que raro se me hace que Paloma se este quejando... :)

    ResponderEliminar
  5. Parabéns polo blog.
    Espero ir a cea. Non lin o libro "La importancia de las cosas" nin teño ánimo para darme o atracón de hoxe a o venres.

    ResponderEliminar
  6. Doume por aludida... co que me gusta falar dos libros nas ceas!!! Pero esta avaliación andei a mil por hora, e o cambio de título non axudou (excusas, excusas, diredes...)
    En fin, intentarei facer algún dos deberes, que ten razón Paloma, chégalle ben! ha ha ha

    ResponderEliminar
  7. Mensaje recibido, siento no poder ir a la cena,pero estaré en Orense,tengo un compromiso anterior.
    Bien por Palomita... es un precioso trabajo.
    Teté

    ResponderEliminar
  8. Hola son eu: Sonia, estou preparando os deberes rápido, rápido, no último momento. Felicidades polo blog, encántanme as actividades. Arrivederci, ci vediamo dopo per cenare.

    ResponderEliminar