xoves, 6 de decembro de 2012

Segunda cea de profes

Como xa adiantábamos no post anterior, o venres pasado algúns profes, exprofes e extraballadores do Instituto que formamos parte do Club celebramos a nosa segunda xuntanza do ano.

E, esta vez, con fotos! Aínda que a cámara non era precisamente profesional, contabamos cun fotógrafo de excepción, que xa coñecestes nestoutra entrada, e que é quen de sacarnos así de guapas mesmo cun simple teléfono. 


Na reunión anterior acordaramos ler dous libros, sen ter en conta que eran os dous bastante longos e que o principio de curso nos quita moito tempo a todos, así que moitos de nós non chegamos a ler (ou a rematar, segundo os casos), o máis longo dos dous, Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello. Pero, como temos unhas referencias excepcionais sobre esta novela, non nos resignamos a deixala pasar, así que decidimos repetir título e propoñela para a próxima cea, que terá lugar a finais de xaneiro.


A outra das novelas era Lágrimas en la lluvia, de Rosa Montero, unha obra que nos gustou, e moito, a todos. Nada sorprendente, tendo en conta que a novela ten case de todo: fantasía, pero tamén agudas reflexións sobre a realidade; un espacio e un tempo recoñecibles e ao mesmo tempo cheos de detalles imaxinativos; personaxes ben construidos que, sen deixar de ter unha personalidade complexa, poden suxerir reflexións sobre cuestións xerais como a vida e a morte, a memoria e a identidade, as relacións persoais...; acción e intriga entremezclada con sentimentos de todo tipo; unha linguaxe fluida e cercana que ao mesmo tempo deixa caer sentencias e citas que dan ganas de anotar... E todo iso, sen resultar barroca nin cargante, máis ben ao contrario, é unha lectura amena na que non sobra ningunha das máis de catrocentas páxinas. En fin, algúns alumnos e alumnas teredes ocasión de comprobar todo isto na lectura que faremos para as tertulias do Liceo. A ver se ten entre vos tanto éxito coma entre os adultos! 

Tamén recordamos, como non!, a película na que moitos de nós coñecimos aos "replicantes", que algunhas das participantes aproveitamos para volver a ver. Falamos tamén de nós, naturalmente, porque xa non nos vemos todos os días no Insti... e de libros, das nosas lecturas individuais e de propostas para a vindeira cea. 
Resultaron elexidos:


... e quedamos en volvernos ver a finais de xaneiro para comentalos (alguén podería animarse e ir adiantando algún que outro comentario aquí ou na wiki, tamén). 

5 comentarios:

  1. Coma sempre, moi ben, Paloma. Moitas grazas polo traballiño que levas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ais, oxalá todos os traballiños fosen como este!! Moito mellor que correxir,e calmas un pouco a conciencia cando tes una pila de exames pendentes e poucas ganas ;)

      Eliminar
  2. Xa tedes material para traballar o libro das tertulias polo que comprobo, queridas profes.
    Un saúdo dende Xinzo.

    ResponderEliminar
  3. Home, non! En tempos de crise, hai que rentabilizar o traballo, disque! Que tal se as de Xinzo vos animades para a vindeira cea de profes? Xa que imos ler a un paisano dos vosos alumnos, non sería mala ocasión...

    ResponderEliminar
  4. Esta vez vai ser que non, que xa temos outras lecturas planificadas, pero se cadra na próxima..., sería interesante facer un encontro de clubs de profes, compartir unha lectura, quen se anima a deseñar o proxecto??
    Xa tedes algo sobre Lágrimas en la lluvia para o alumnado? Sara quere que lle mandemos algo e eu aínda non me puxen a elo, non tiven tempo!
    Apertas para todas.

    ResponderEliminar